Bouzas foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1904.

Xeografía Comprendía as parroquias de Alcabre, Bouzas, Coia, Santo André de Comesaña, Coruxo, Matamá, Navia e San Miguel de Oia.

Historia Bouzas deixou de ser concello durante un breve lapso en 1868. En 1901 a Deputación de Pontevedra acordou segregar de Bouzas as parroquias de Coia e Matamá. Foi agregado ao concello de Vigo por Real Decreto de 5 de xaneiro de 1904. O seu último alcalde foi Severino Pinal Pernas.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Web sobre Bouzas

Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Pontevedra Categoría:Bouzas, Vigo Categoría:Xeografía de Galicia sen imaxes Categoría:Historia de Vigo