Mosco de Siracusa (en grego Μόσχος Móskhos), nado en Siracusa, Sicilia, no século -II, foi un poeta pastoril grego. Traxectoria Segundo Suídas, foi discípulo de Aristarco de Samotracia, e polo seu estilo e temática bucólica foi seguidor e imitador de Teócrito. Mosco floreceu en torno ao ano -150 (Teócrito morreu no -260). A Mosco evócao Ateneo, e Xoán Estobeo recórdao nos seus Florilexios, atribuíndolle tres curtos poemas de inspiración bucólica que se titulan igual que os de Teócrito, Idilios,Idilios. Texto español en PDF. Texto italiano en Wikisource. Texto francés, con comentarios no mesmo idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011); trad. de J. F. Gregoire e François-Zénon Collombet. e o epigrama Eros ao arado. Entre os Idilios, cóntanse o poema mitolóxico Europa (que narra o rapto desa ninfa por Zeus convertido en touro), Europa (Εὐρώπη). Texto inglés no sitio Theoi. Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1912 de John Maxwell Edmonds (1875 - 1958) na Loeb Classical Library. Empregando o rótulo activo "load", que se acha na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto. Eros fuxitivo, Amor fuxitivo ou Eros fuxitivo (Ἔρως δραπέτης). Texto catalán en Wikisource; tradución de 1910 de Josep Franquesa i Gomis. Texto inglés en Theoi; ed. de 1912 de J.M. Edmonds. Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1912 de J.M. Edmonds. Megara (sobre o personaxe homónimo, primeira muller de Heracles) Megara (Μεγάρα). Texto español en PDF. Texto grego no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes; ed. de 1912 de J.M. Edmonds. e Lamento pola morte de Bión, personaxe que era en efecto outro dos poetas imitadores de Teócrito: Bión de Esmirna. Idilios, IV: Lamento pola morte de Bión (Ἐπιτάφιος Βίωνος). Texto español en PDF. Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1912 de John Maxwell Edmonds. Empregando o rótulo activo "load", que se acha na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto. Na Antoloxía Palatina, atribúese a Mosco de Siracusa o Rogo de AmorTexto inglés no sitio Theoi; ed. de 1912 de J.M. Edmonds.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pierre Alexis Pierron: Historia da literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850). Entrada de «Bión de Esmirna e Mosco de Siracusa» (Bion et Moschus). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Sobre Bión de Esmirna e Mosco de Siracusa. Texto francés no sitio de Philippe Remacle. Textos de Mosco de Siracusa en Wikisource. En catalán. En italiano. Textos de Mosco de Siracusa en inglés no sitio Theoi; ed. de 1912 de John Maxwell Edmonds (1875 - 1958) na Loeb Classical Library. Mosco de Siracusa no Proxecto Perseus.
Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados en Siracusa Categoría:Lírica Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Personalidades de Siracusa na Antigüidade