Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, e finado na mesma cidade o 6 de abril de 2019, foi un arquitecto e escritor galego.
Traxectoria Estudou na Escola Central de Belas Artes de San Fernando e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo o título en 1966, especializándose en Restauración de Monumentos. miniatura|Garrido levou a cabo a restauración da zona antiga de Baiona. Investigou a arquitectura histórica de Vigo e a arquitectura militar fronteiriza hispano-portuguesa.
Foi arquitecto municipal de Baiona dende 1968 ata 1973, onde cooperou con Alberto Baltar Tojo, Xosé Bar Boo e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana e levou a cabo a restauración da zona antiga.
En Vigo promoveu a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da estación vella de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza (hoxe MARCO).
Foi membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses.
Finou no Hospital Povisa.
Obra bibliográfica Fortalezas de la antigua provincia de Tuy, Deputación de Pontevedra, 1987, ISBN 84-505-7053-0. Vigo. La ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada, Deputación de Pontevedra, 1991, ISBN 84-86845-66-1. Arquitectura da pedra en Vigo. Arquitectura de la piedra en Vigo (bilingüe), Construcións Conde, 2000, ISBN 84-605-9897-7. El puerto de Vigo. Síntesis histórica, Autoridad Portuaria, 2001. ISBN 84-87887-53-8. Castillo de Soutomaior, 2009, ISBN 978-84-8457-073-8. El origen de Vigo. El monte de O Castro y su castillo, Deputación de Pontevedra, 2011, ISBN 978-978-8457-36-7. Jenaro de la Fuente Domínguez, el gran artífice del ensanche vigués y su abundante obra arquitectónica, Instituto de Estudios Vigueses, 2016, ISBN 978-84-89599-62-8.
Colectiva Vigo, arquitectura modernista 1900-1920, con Lena Saladina Iglesias Rouco et al., COAG, 1980, ISBN 84-85665-03-1. Manuel Gómez Román: Mestre da arquitectura galeguista, con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, Xerais, 1995, ISBN 9788475078755.<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=17454 Ficha de: Manuel Gómez Román: mestre da arquitectura galeguista]</ref> Abrir Vigo ó mar, 1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo. Canda Álvarez Cáccamo, Casares, Fernández del Riego, Fernández Freixanes et al. Vigo. Arquitectura urbana, con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, 2 vol, Concello de Vigo, 2001, ISBN 84-87637-77-9. Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo'', con Xose M. Ramón Iglesias Veiga, 2003.Presentación do libro Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo
Recoñecemento Premio á Investigación da Deputación Provincial de Pontevedra, anos 1986 e 1989. Premio Irmáns Gómez Román de Urbanismo e Arquitectura, 2000 e 2002-2003, do Concello de Vigo. Premio Laxeiro 2017.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Garrido Rodríguez en galegos.galiciadigital.com
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes