Manuel Rúa Figueroa, finado en Santiago de Compostela o 26 de xullo de 1892Gaceta de Galicia, 1-8-1892, p. 3., foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Entre 1841 e 1842 fundou e dirixiu a Revista de Galicia. De ideas progresistas, como o resto da súa familia, ocupou o cargo de alcalde de Santiago de Compostela durante a revolución galega de 1846. No 1853 acadou sona defendendo como avogado o "home-lobo" Manuel Blanco Romasanta. No xuízo conseguiu mudar a condena a morte pola cadea perpetua. No 1859 publicou sobre o tema a Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. instancia de Allariz. Distrito de La Coruña, contra Manuel Blanco Romasanta, El Hombre Lobo, por varios asesinatos.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1892 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos