San Pedro de Baroña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello do Porto do Son. Segundo o INE en 2020 tiña 650 habitantes (314 homes e 336 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.

Patrimonio Na parroquia están as mámoas de Montemuíño e as mámoas de Raña, amais do castro de Baroña.Castro de Baroña en Turgalicia.

miniatura|Igrexa de San Pedro de Baroña. A igrexa parroquial de San Pedro de BaroñaIgrexa de San Pedro de Baroña en Turgalicia. ten dúas naves como resultado ampliar a nave románica orixinal con outra no lateral esquerdo. Dita ampliación completouse incorporando unha sancristía. A nave principal está cuberta mediante unha bóveda de canón rebaixada executada en ladrillo, rebocada e pintada, pousada sobre muros de cantería. Na cabeceira está a capela maior tamén cuberta cunha bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que descansan sobre semicolumnas. No exterior destacan a espadana centrada na fachada principal, así como os arcos pousados sobre pilastras na fachada sur.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Baroña

Parroquias do Porto do Son

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares do Porto do Son

Categoría:Parroquias do Porto do Son Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro