Tetracerus quadricornis é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos,Tetracerus quadricornis en Wilson & Reeder (2005) e tribo dos boselafinos, coñecido na bibliografía como antílope de catro cornos.

É o único membro do xénero Tetracerus e o único bóvido de catro cornos. Distribúese amplamente, pero en poboacións descontinuas, na maior parte da India, desde os contrafortes do Himalaia; algúns individuos poden vivir no Nepal.

Características Tetracerus quadricornis mide de 80 a 110 cm de lonxitude de cabeza e tronco, máis unha cola de 10 a 15 cm; a súa altura na cruz é de 55 a 65 cm, e pesa entre 15 e 25 kg.

O pelo é curto e delgado, de coloración xeral parda; a parte interior das patas e a zona ventral son de cor branca. Os machos son de cor parda avermellada polas partes superiores, e teñen unha banda escura que se estende cara a abaixo na parte frontal de cada pata; os máis vellos son de cor amareleada. As femias xeralmente son de cor algo máis agrisada.

Só os machos teñen cornos: un par de pequenos cornos rectos en forma de puga detrás dos ollos e un segundo par de cornos máis pequenos enriba deles.Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos II. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X, p. 706. O par posterior mide de 80 a 100 mm de lonxitude, e o frontal de 25 a 38 mm.

Bioloxía O hábitat e a ecoloxía da especie non son ben coñecidos. Encóntranse en outeiros ben arborados ou en zonas montañosas, e nunca lonxe da auga.Rahmani, A. R. (2001): "India". En: D. P. Mallon & S. C. Kingswood (eds.), Antelopes. Part 4: North Africa, the Middle East, and Asia. Global Survey and Regional Action Plans, pp. 178-187. Gland, Suíza: UICN.

Comportamento É unha especie solitaria, e rara vez se encontran máis de dous exemplares xuntos. Estes animais son sedentarios e viven na mesma rexión durante toda a súa vida. Poden ser facilmente domesticados cando son novos, pero resultan extremadamente delicados en cativerio.

Alimentación Aliméntanse de ramas de árbores e arbustos, froitos e herbas.

Reprodución O machos poden seren extremadamente agresivos entre si durante o período de celo. O apareamento ten lugar durante a temporada de chuvias, de xullo a setembro. Polo xeral nacen unha ou dúas crías por parto, cun peso medio de ao redor de 1 kg cada unha.

Lonxevidade o antílope de catro cornos pode vivir en catividade até os 10 anos de idade.

Depredadores A especie é cazada por cuóns, tigres, gatos pequenos, lobos e leopardos. Crese que o seu método defensivo é a atenta vixilancia e a súa velocidade.

Taxonomía miniatura|200px|Cabeza de macho de Tetracerus quadricornis. O xénero Tetracerus foi fundado en 1825 polo zoólogo inglés William Elford Leach, e publicado en Trans. Linn. Soc. Lond., 14: 524.Tetracerus en Wilson & Reeder (2005).

A súa única especie fora descrita por primeira vez en 1816 polo naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, baixo o nome de Cerophorus quadricornis, na súa obra "Sur plusieurs espèces d'animaux mammifères, de l'ordre des ruminans", publicada no Bulletin des Sciences, par la Société Philomathique de Paris 8: 73-82.quadricornis Blainville, 1816 described in Cerophorus en AnimalBase. SUB Göttingen.

Máis tarde foi reclasificada no xénero Tetracerus, resultando así o redundante nome, en grego e en latín, que ten hoxe, Tetraceus quadricornis: Tetracerus, do elemento grego τετρα- tetra-, "de catro", e κέρας kéras, "corno"; quadricornis, dos elementos latinos quadri- "de catro", e -cornis, de cornu, -us, "corno".

Poboación e status A poboación estimábase en 2001 en menos de 10.000 individuos maduros.<ref name=MK>Mallon, D. P. & S. C. Kingswood, eds. (2001): Antelopes. Part 4: North Africa, the Middle East, and Asia. Global Survey and Rgeional Action Plans, pp. 178-187. Gland, Suíza: UICN.</ref> Debido á perda de hábitat de bosque, hai un continuo descenso da poboación, estimándose que ningunha subpoboación contén máis de 1.000 individuos maduros.

A principal amenaza para a especie é a destrución do seu hábitat debido á eliminación de matogueiras e bosques para conseguir terreos para a agricultura. Porén, a especie encóntrase en moitas áreas protexidas na India, e a especie está totalmente protexida pola lei de protección da vida silvestre. Está na lista do Apéndice III do CITES (só no Nepal).Mallon, D. P. (2008): Tetracerus quadricornis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2.

A situación da especie está clasificada pola UICN como de VU (especie vilnerábel).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Mallon, D. P. (2008): Tetracerus quadricornis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2. Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Bóvidos Bovinos Boselafinos

Ligazóns externas

Categoría:Bovinos Categoría:Animais descritos en 1816 Categoría:Mamíferos da India Categoría:Mamíferos do Nepal