Philippe Xavier Ignace Barbarin, nado o 17 de outubro de 1950 en Rabat (Marrocos francés), é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Lión dende 2002. Traxectoria Philippe Barbarin naceu o 17 de outubro de 1950 en Rabat, entón parte do Protectorado francés en Marrocos.
O 17 de decembro de 1977 foi ordenado sacerdote da diocese de Créteil polo bispo diocesano Robert de Provenchères.
O 1 de outubro de 1998 foi nomeado bispo de Moulins, recibindo a consagración episcopal o 22 de novembro de 1998 de mans do arcebispo de Fianarantsoa Philibert Randriambololona.
O 16 de xullo de 2002 o papa nomeouno arcebispo de Lión, e no consistorio do ano seguinte Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santissima Trinità al Monte Pincio.
Obra
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Rabat Categoría:Arcebispos católicos de Francia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais de Francia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Alumnos do Instituto Católico de París