A esmorga é un filme galego de 2014 dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde trascorre a noite de troula dos tres personaxes principais.
O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano.«A Esmorga», del papel a los cines de toda Galicia Diario ABC, 21/11/2014.«A esmorga», a corredoira movie. Diario La Voz de Galicia, 21/11/2014. Grazas ó éxito colleitado nos cines galegos, o filme estreouse en España (en galego con subtítulos e dobrada ó castelán) o 8 de maio de 2015. Trala súa estrea converteuse no filme en galego con máis recadación da historia, superando a Días de voda, e o segundo máis visto, con 47.866 espectadores nos cinemas, só por detrás de Sempre Xonxa. A día de hoxe continúa entre os cinco filmes en galego con maior recadación e entre os seis con máis espectadores no cine.
Argumento Cibrán (Miguel de Lira) é un obreiro que se xunta coa Raxada (Melania Cruz), unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, Bocas (Karra Elejalde) e o atormentado Milhomes (Antonio Durán "Morris"). Cibrán xúntase a eles no seu deambular incerto pola zona, deixando tras de si un regueiro de destrución.
Fan un alto na taberna da tía Esquilacha (Covadonga Berdiñas), acceden á vivenda dun cacique local chegado hai pouco de Francia, onde Bocas se namora da misteriosa dona da fiestra; chegan a un pazo ao que Cibrán, xa bébedo, lle prende lume sen querelo; bótanos dun prostíbulo; galantean cunha muller pueril e tola, Socorrito (Sabela Arán), quen cada mañá saca pasear un boneco nun carriño. Namentres, Bocas é sospeitoso de ter matado a un home durante unha liorta nunha taberna, e ademais a homosexualidade reprimida de Milhomes non deixa de amolar ao Bocas dun xeito que ningún dos dous homes son quen de comprender. Bocas e Milhomes emprenderon unha especie de misión suicida ao abeiro da bebedela á cal o malpocado Cibrán se sumou sen sabelo. O alcol é para Cibrán o refuxio do que el mesmo denomina “o pensamento”, unha terrible lucidez que lle fai ser consciente da súa sórdida existencia.
Personaxes miniatura|300px|Miguel de Lira, Ignacio Vilar, Morris e Karra Elejalde na promoción do filme.
Miguel de Lira como Cibrán Karra Elejalde como Bocas Antonio Durán "Morris" como Milhomes Alfonso Agra como Pego Sabela Arán como Socorrito Melania Cruz como Raxada Lois Soaxe como Acacio Santi Prego como Cabito Pepo Suevos como Barrigas Covadonga Berdiñas como Tía Esquilacha Mela Casal como Nonó Mónica García como Costilleta Amelia Guede como Amelia Elena Seijo como Cupatrás Fina Calleja como Piolla Ledicia Sola como Viguesa Patxi Bisquert como Señor de Andrade Monti Castiñeiras como Cabaleiro Yago López como Lisardiño
Recepción miniatura|esquerda|250px|Ignacio Vilar e Antonio Durán "Morris" na proxección de A esmorga na Guarda no 2015. Espectadores das principaiscidades (2014)PosiciónCidadeEspectadores1ª Vigo8 6022ª Santiago de Compostela6 6063ª A Coruña6 2504ª Ourense5 4685ª Lugo3 1766ª Ferrol/ Narón2 2277ª Pontevedra1 607Fonte: Rentrak Spain
En Galicia tivo unha estrea limitada en só 26 salas, con 18 copias distribuídas, e a súa acollida entre o público foi maior da agardada, polo que foi considerado un dos filmes revelación do 2014. Dende a súa estrea o 21 de novembro ata finais do ano 2014, o filme foi visto por máis de 37 500 espectadores galegos. En vista do seu bo resultado de recadación, xa que foi a mellor estrea de todo o ano en España entre os filmes con menos de 100 copias, e coa quinta mellor media (3 408 euros) do ano en España, só por detrás de Ocho apellidos vascos, La isla mínima, Torrente 5 e El Niño, estreouse en cines de España na primavera de 2015. O número total de espectadores en todo o Estado foi de 47.866 persoas, cunha recadación de 277.652,06 €.
Grazas ó éxito colleitado na estrea nos cines, saíu á venda en DVD o 20 de novembro de 2015.
Galardóns e nomeamentos Premios Goya Ignacio Vilar e Carlos Asorey foron nomeados na categoría de mellor guión adaptado na XXIX edición dos Premios Goya. Ano Categoría Receptor Resultado2015Mellor guión adaptadoCarlos AsoreyIgnacio VilarNomeado
Premios Mestre Mateo
Nos Premios Mestre Mateo de 2014, A esmorga obtivo 16 nomeamentos en 13 categorías, conseguindo 6 premios, entre eles mellor actor para Antonio Durán "Morris" no papel de Milhomes, mellor fotografía e música orixinal. Ano Categoría Receptor Resultado13ª ediciónMellor filmeIgnacio VilarNomeadoMellor directorIgnacio VilarNomeadoMellor actorAntonio Durán "Morris" GañadorMiguel de LiraNomeadoKarra ElejaldeNomeadoMellor actriz secundariaMela CasalNomeadaSabela Arán NomeadaMellor guiónIgnacio Vilar e Carlos AsoreyNomeadosMellor dirección de produciónEva RivasNomeadaMellor dirección artísticaÁngel Amaro GañadorMellor montaxeJosé Manuel G. MoyanoNomeadoMellor música orixinalZeltia Montes GañadoraMellor sonXavier SoutoNomeadoMellor fotografíaDiego Romero Suárez Llanos GañadorMellor maquillaxe e peiteadoSusana Veira GañadoraMellor deseño de vestiarioMar Fraga Gañadora
Festival de Tolosa Na 20º edición do "Festival du Film Espagnol de Toulouse" celebrado en outubro de 2015, o filme gañou os premios de mellor director para Vilar, o premio ao mellor actor ex aequo para “Morrís”, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e o premio á mellor fotografía.
Galería de imaxes miniatura|300px|Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris", os tres protagonistas do filme.
Notas
Véxase tamén Outros artigos A esmorga (filme de 1977) Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial do filme
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ignacio Vilar Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Ourense Categoría:Filmes de Vía Láctea Filmes Categoría:Filmes baseados en obras de Eduardo Blanco Amor Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Galicia