El Eco Popular foi un periódico editado en Noia entre 1896 e 1898.

Historia e características Subtitulado Defensor de intereses generales y locales, apareceu en novembro de 1896.El Eco de Galicia, 11-11-1896, p. 2. Publicábase os días 8 e 22 de cada mes e imprimíase nos obradoiros de López Alende en Santiago de Compostela. Entre os seus colaboradores figurou Eladio Oviedo Arce. A principios de 1898 cambiou o seu título por El Eco de Noya e converteuse en semanario tradicionalista.El Eco de Galicia, 10-3-1898, p. 7. Cesou a súa publicación en maio de 1898.El Eco de Galicia, 16-5-1898, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Noia

Categoría:1896 en Galicia