El Eco Popular foi un semanario editado en Lugo en 1868. Historia e características Apareceu o 3 de outubro de 1868 grazas á liberdade de prensa decretada despois da Revolución de 1868. Aparecía os domingos. Dirixido e redactado exclusivamente por Alberto Menéndez. De tendencias democráticas manifestas no lema "Libertad limitada y progreso indefinido" co que adoitaba saír. Editado na imprenta de Menéndez, desapareceu o 24 do mesmo mes. Andando o tempo foi substituído por La Voz Popular

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Lugo

Categoría:1868 en Galicia