O Gran Ducado de Lituania (en belaruso: Вялікае Княства Літоўскае, lituano: Lietuvos Didžioji Kunigaikštystė, ucraíno: Велике Князівство Литовське, polaco: Wielkie Księstwo Litewskie) foi un estado da Europa Central e do Leste, que existiu entre os séculos XII, XIII e XVIII. Fundado polos lituanos, unha das tribos bálticas pagás, cuxas terras iniciais cubriron a parte oeste de Lituania, Aukštaitija.Rowell S.C. Lithuania Ascending a pagan empire within east-central Europe, 1295-1345. Cambridge, 1994. p.289-290Ch. Allmand. The New Cambridge Medieval History. Cambridge, 1998 p. 731.Encyclopædia Britannica. Grand Duchy of Lithuania Posteriormente, expandiron o seu territorio adquirindo grandes partes do antigo Rus de Kíiv. O Gran Ducado de Lituania cubriu o territorio dos actuais países de Lituania, Belarús, Ucraína, Transnistria e Moldova (antes Besarabia); incluíndo partes de Polonia e Rusia. O seu período de maior extensión foi o século XV, sendo o país maior de Europa.R. Bideleux. A History of Eastern Europe: Crisis and Change. Routledge, 1998. p.122

O título de Gran Ducado de Lituania comezouse a aplicar regularmente desde o século XIV, pero o estado multiétnico e multirrelixioso xurdiu só nos últimos anos do reinado de Gediminas.

Historia

Os primeiros escritos nos que se fai referencia a Lituania son os Anais de Quedlinburg, que datan de 1009. Este documento menciona pouco sobre este estado ou a súa estrutura social, exceptuando que Lituania confinaba co Rus de Kíiv e que a xente que vivía na rexión eran activos pagáns.

Establecemento do Estado Outras referencias a Lituania aparecen en Crónicas eslavas, como unha das áreas que os de Rus atacaron; aparentemente a súa primeira incursión foi errada, pero os duques de Kíiv continuaron facendo incursións en territorio lituano.

A consolidación das súas terras comezou no século XII, coas numerosas incursións de lituanos entre as cidades prósperas, como Nóvgorod e Pskov. Os lituanos saquearon tamén grandes territorios doutras tribos bálticas. No ano 1131 Lituania sufriu un ataque en grande escala por parte de Mstislav I de Kíiv. De todos os xeitos, cando o exército de Mstislav volvía ao seu país, cargado de tesouros saqueados, os lituanos puideron vencer os rexementos da retagarda do exército principal de Mstislav, que estaba separada por un intervalo na formación. Non foi unha gran vitoria para os lituanos, pero igualmente isto indicaba que Lituania estaba gañando poder.

Nalgún punto entre 1180 e 1183 os lituanos empezaron a organizar incursións regulares nas provincias eslavas, asaltando o Ducado de Pólatsk e tamén Pskov, e mesmo ameazaron o de Nóvgorod. Logo da vitoriosa incursión en Livonia en 1185, os habitantes locais construíron gran cantidade de castelos, tratando de se protexeren. Desde o século XII en diante, os lituanos representaron unha ameaza real para os reinados occidentais veciños como para os eslavos.

A repentina faísca das incursións militares marcaron o proceso de consolidación do estado de Lituania, ao redor do século XII, no norte de Lituania, e posiblemente no final do século o Gran Ducado de Lituania xa se formou nestes territorios.

Século XIII O século XIII significou o inicio doutras guerras cos Cabaleiros Teutóns, a Irmáns Livonios da Espada e o alzamento de Mindaugas, o cal foi coroado como Rei de Lituania en 1253. O ano 1202 marcou outro desenvolvemento que galvanizou a formación do estado: o establecemento dunha milicia cristiá, a Orde Livónica, que representou un gran risco para o paganismo na rexión. Esta ameaza reforzouse coa formación doutras ordes como a Teutónica, establecida en 1226. O sinal máis importante de consolidación foi o tratado do ano 1219, que é o documento máis antigo sobre cooperación entre o gran grupo dos duques lituanos. Este tratado lista 21 duques lituanos coas súas señorías, incluíndo o de Mindaugas. Aínda que pelexasen no pasado, lituanos e zemaiciai falaban un dialecto similar e agora enfrontábanse cun inimigo común. O formal recoñecemento de intereses comúns, e o establecemento dunha xerarquía entre os participantes do tratado mostrou o estado de urxencia.

Mindaugas, un dos mencionados grandes duques, alzou a Lituania entre estados Europeos Occidentais durante moitos anos.

Reinado de Mindaugas

miniatura|Rei Mindaugas.

Non se sabe exactamente como Mindaugas, un duque do sur conseguiu o poder supremo sobre Lituania. Certas crónicas eslavas mencionan que matou ou exiliou varios duques, incluíndo os seus propios parentes. Logo de asegurar o seu poder no Reino de Lituania, Mindaugas dirixiu a súa mirada a provincias e rexións eslavas, anexando aos seus dominios Goradnia e outros lugares, que eran parte do Rus de Kíiv. Estas rexións entraron no seu poder durante os anos 1239 e 1248. Logo de conquistar numerosas provincias de Rutenia, Mindaugas encargou ao seu fillo Vaišvilkas a gobernación de tales provincias, quen aparentemente suprimiu grandemente a poboación local. Un evento importante tivo lugar en 1236, que repercutiu sobre toda a rexión: un exército dirixido polo soberano zemaiciai Vykintas gañou a Batalla do Sol, inflixíndolle un catastrófico resultado para a Orde Livona, que perdeu o seu poder e se viu forzada a ser unha das ramas da Orde Teutónica. Iso significou que Zemaitija se tornase o obxectivo primario de ambas as Ordes, xa que só esa rexión as separaba fisicamente. Outra consecuencia do resultado da batalla foi unha pequena interrupción nas guerras entre os Cabaleiros Teutóns, e Lituania aproveitou esta situación, organizando ataques nas rexións rutenias. miniatura|Cristianización de Mindaugas.

Así ao redor de 1248 Mindaugas enviou os seus sobriños para conquistar Smolensk, pero non tiveron éxito. Os duques de Halych e Volhynia encargáronse de obter o control so Rutenia Negra, terras controladas por Vaišvilkas. Tautvilas, buscando apoio dos Cabaleiros Teutóns, foi a Riga, onde o arcebispo o bautizou e recibiu soporte militar. Pouco despois a Orde Teutónica ordenou dúas grandes incursións: unha en Nalga e outra nos dominios de Mindaugas e partes de Zemaitija que aínda o apoiaban. Mindaugas, enfrontándose cunha situación extremadamente dificultosa, amañouse para beneficiarse cos conflitos entre a Orde Livona e o Arcebispo de Riga: subornou o mestre da Orde, quen aínda estaba anoxado pola derrota de Vykintas en 1236. Andreas von Stierland acordou axudar a Mindaugas e prometeulle o seu auxilio, pero impúxolle como condición que abandonase o paganismo e se unise á Fe Católica. Mindaugas accedeu a ser bautizado e mesmo lle outorgou á Orde algunhas terras na parte oeste de Lituania. Xunto coa súa esposa e fillos foi bautizado no rito católico en 1251. O 17 de xullo de 1251 o Papa Inocencio IV expediu unha bula papal proclamando a Lituania como un Reino e o estado foi posto baixo a xurisdición do Bispo de Roma.

En 1252 Tautvilas e os aliados que quedaban atacaron a Mindaugas en Voruta. O ataque fallou e os aliados tiveron que defenderse no Castelo de Tver. Logo da morte de Vykintas, Tautvilas viuse forzado a volver con Daniel de Halych. Estes acontecementos significaron o colapso da coalición, e Daniel e Tautvilas reconciliáronse pouco despois. Cando estas pelexas terminaron, non había obstáculos para Mindaugas exercer o seu poder e en 1235 foi coroado como Rei de Lituania en Vilna, onde Mindaugas tivo a súa corte e construíu unha nova catedral.

O Papa Inocencio IV apoiou a Mindaugas, porque cría que el podería deter as incursións dos mongois-tártaros. Para fortalecer a presenza do cristianismo en Lituania designouse un bispo de Lituania, sendo o primeiro ao sacerdote dominico Vito e en 1254, Cristian. Con todo, como os eventos mostraron, os lituanos non estaban preparados para aceptar a cristiandade.

Durante os anos seguintes Mindaugas tratou de expandir a súa influencia en Pólatsk, un gran centro de comercio no val do Río Daugava e Pinsk. Tamén estableceu a paz con Halych-Volhynia, e arranxou un matrimonio entre a súa filla e Shvarn, fillo de Daniel de Volhynia e futuro gobernador de Lituania. En 1255, Mindaugas obtivo permiso do Papa Alexandre IV para coroar un dos seus fillos como Rei de Lituania.

A Orde Teutónica usou este período para fortalecer a súa posición en partes de Zemaitija e Livonia, pero en 1259 e 1260 sufriu senllas derrotas, o que deu coraxe aos prusianos, conquistados pola Orde Teutónica, a rebelarse contra estes. Animado polo seu sobriño, Mindaugas, rompeu a paz coa Orde Teutónica, puxo os zemaiciai de novo na súa xurisdición e tratou de usar a situación entre tribos bálticas rebeldes ao seu favor. As Crónicas mencionan tamén que volveu ás súas antigas crenzas.

Mindaugas fixo un trato con Alexandre Nevski de Nóvgorod e marchou contra a Orde Teutónica. Treniota dirixiu o exército contra Masovia, esperando animar as tribos bálticas conquistadas para se rebelaren contra a Orde. Non obstante, a campaña non conseguiu alcanzar os seus obxectivos e serviu para empeorar as relacións entre Mindaugas e Treniota, quen finalmente con Daumantas asasinou a Mindaugas e os seus dous fillos, Ruklys e Rupeikis en 1263.

O Gran Ducado de Lituania caeu en guerras internas.

Expansión Logo da morte de Mindaugas, Treniota tomou para si o título de Gran Duque. Con todo, o seu poder era fráxil e poucos anos despois, en 1264 foi asasinado polo fillo de Mindaugas Vaišvilkas e o seu aliado de Volhynia Shvarn. Daumantas escapou para Pskov e bautizouse como Timofei e gobernou alí con éxito entre 1266-1299. Vaišvilkas, que unha vez fora un pagán fero, converteuse nun devoto da Igrexa ortodoxa. Este, logo de tres anos de reinado, cedeulle o título a Shvarn. A situación política inestable que imperaba en Lituania resultou en falta de apoio para os rebeldes bálticos, quen foron inicialmente apoiados por Mindaugas e Treniota, e as rebelións das tribos bálticas comezaron lentamente a acougar.

Shvarn tomou o poder en 1267. É probable que el non puidese tomar o control de toda Lituania e gobernase soamente o sur do Gran Ducado. Ao mesmo tempo Vaišvilkas foi asasinado por Lev Danýlovich, irmán de Shvarn, quen estaba furioso con Vaišvilkas porque este non lle transferira o poder supremo de Lituania.

No 1268 o Papa Clemente IV expediu unha bula papal, onde daba permiso ao Rei de Bohemia Ottokar II de revivir a Monarquía Lituana. No mesmo ano, o Rei e os seus soldados bohemios e austríacos chegaron a Prusia a través de Polonia e comezaron cos preparativos para unha invasión a Lituania, pero debido ás malas condicións climáticas a campaña non se puido realizar. Un ano despois Shvarn foi removido do trono lituano polo pagán Traidenis, duque de Kernavé.

Traidenis comezou a facer guerra contra Halych-Volhynia entre 1274 e 1276, saíndo vitorioso, conquistando finalmente Rutenia Negra. Traidenis tamén tivo éxito pelexando contra a Orde Livona. No ano 1270 gañou unha batalla nos xeos próximos a Saaremaa. En 1279 a Orde atacou terras lituanas e mesmo se achegou ao mesmo trono de Traidenis en Kernavė, pero na volta da campaña sufriron un gran derrota en Aizkraukle. Trala batalla, os semigalianos rebeláronse e recoñeceron a superioridade de Lituania. Traidenis fixo moitas máis campañas, morrendo en 1282.

Hai incerteza sobre quen foron os Grandes Duques de Lituania logo da morte de Traidenis.

Dinastía Gedimínida Enfrontamentos contra a Orde Teutónica