Jesús Andreu Lázaro, finado en Madrid o 2 de novembro de 1962Necrolóxica en ABC, foi un enxeñeiro agrónomo español.
Traxectoria Enxeñeiro agrónomo. Destinado a Lleida en 1908. Cara 1910 foi axudante do Servizo Agronómico Provincial de Pontevedra e ao pouco tempo pasou a xefe do mesmo Servizo, no que permaneceu até 1925. Iniciou programas de mellora gandeira, do vacún e do porcino en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A memoria elaborada polo Servizo Agronómico Provincial para o comité de mellora pecuaria da Deputación foi a orixe do seu opúsculo La mejora de la ganadería. En 1927 publicou Sobre la mejora del ganado bovino en relación coa mellora xenética. Colaborou en Agricultura Práctica e publicou artigos de divulgación en El Pueblo Gallego.
Puxo en práctica un programa para a mellora xenérica do porcino, baseado no cruzamento xeneralizado da raza do país coa Large-White. Considera ao porco como o animal máis importante da economía labrega xa que a relación entre o que produce e o que gasta é favorable ao produtor. Mide a cantidade idónea de alimentos que o animal debía inxerir para establecer unha relación adecuada entre peso e tempo de mantenza. Tamén establece a relación entre alimentación e patoloxías do porco. Aplica a mesma experimentación ao gando bovino, establecendo unha relación entre a alimentación dos animais e a carne que produce. miniatura|Unha das portas do Pazo da Carballeira de Gandarón. En 1925 pasou a ocupar un cargo na Dirección xeral de Agricultura do Ministerio de FomentoDiario de Pontevedra, 29-10-1925, p. 3., en 1933 foi nomeado enxeñeiro xefe do corpo de enxeñeiros agrónomos do MinisterioEl Pueblo Gallego, 9-12-1933, p. 2.. Apoiou ao asentamento da Misión Biolóxica de Galicia en Salcedo, animando á Deputación de Pontevedra. Mantivo unha colaboración fluída con Cruz Gallástegui. Mentres estivo en Pontevedra, traballou nos diferentes proxectos da Misión e colaborou no Boletín do Sindicato de Productores de Semillas. Desde o ministerio procurou apoio orzamentario para a Misión e os seus proxectos. No franquismo foi presidente do Consello Superior Agronómico.
Vida persoal Casou en Pontevedra con Carmen Peón Carrera en 1922Diario de Pontevedra, 16-6-1922, p. 2.. Carmén Peón era mestra, foi tamén enfermeira, e despois aprobou as oposicións a contador do Estado, obtendo un posto na delegación de Facenda de Pontevedra"Hacienda hace mudanza" Faro de Vigo ..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fernández Prieto, Lourenzo (2012): “Jesús Andreu Lázaro” , no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Gandaría Categoría:Finados en 1962 Categoría:Enxeñeiros agrónomos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en ano descoñecido