Sara Inés Vega Núñez, nada en Monforte de Lemos en 1960, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Foi presidenta da Federación Provincial de Asociacións de Pais de Alumnos de Ourense. Auxiliar administrativa do concello do Castro de Caldelas, foi despedida polo alcalde popular en 1997 e readmitida logo de sentenza xudicial Despedida por pasear con el "enemigo". Concelleira do PSdeG-PSOE no Castro de Caldelas dende 1999, foi primeira tenente de alcalde en 2011. Logo da dimisión do alcalde Eladio Osorio Castro en novembro de 2014 foi elixida alcaldesa de Castro Caldelas. En 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Volvería a ser reelexida alcaldesa por maioría absoluta en 2019. En 2023 concorreu novamente como candidata socialista e revalidou a maioría absoluta. Porén, un erro na custodia do voto emigrante supuxo que as eleccións se repetisen no mes de novembro, nas cales revalidou a maioría absoluta e aumentou apoiosLa socialista Sara Inés Vega mantiene la mayoría absoluta en la repetición electoral en Castro Caldelas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Castro de Caldelas

Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes do Castro de Caldelas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes