miniatura|Josefa García Segret e Hipólito Gallego Camarero. Hipólito Gallego Camarero, nado en Badaxoz o 30 de xaneiro de 1897El Magisterio Español, 10-5-1927, p. 9. e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un mestre e político español.

Traxectoria Aprobou as oposicións de maxisterio en 1927. Foi mestre de Seavia (Coristanco) en 1927,El Eco de Santiago, 16-9-1927, p. 2. de Carreira (Ribeira) en 1929,El Compostelano, 18-12-1929, p. 2. e dende 1930 de Forcadela (Tomiño). Pertenceu á Sociedade agraria de Forcadela. En 1933 foi acusado de abusos deshonestos e escándalo público como parte dunha campaña política na súa contra promovida polo cura Antonio Somé. Detido, foi procesado polo xulgado de Tui e xulgado polo tribunal do xurado na Audiencia de Pontevedra o 12 de maio de 1935, a sentenza foi absolutoria.Acusacións a un mestre: Hipólito Gallego.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos dirixentes da resistencia armada na zona de Tui. Cando foron derrotados fuxiu ao monte. Foi apresado e permaneceu na prisión de Tui onde o torturaron. O 4 de outubro, con foi sacado por falanxistas e paseado xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Fernando Rubio Estévez, Domingo Páramos Núñez e Francisco Rodríguez Otero. Hipólito foi martirizado antes e despois da execución. Os seus corpos foron tirados na vía pública na entrada de Mondariz. Despois de morto abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 9-12-1941, p. 4552.

Vida persoal

Casou con Josefa García Segret.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Josefa García Segret

Ligazóns externas O asasinato Galicia Suroeste

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936