Acción Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1920 e 1925, bilingüe, con predominio do castelán.Fondos documentais Consello da Cultura Galega.
Historia e características Subtitulado Publicación Oficial de Casa de Galicia, apareceu o 24 de xuño de 1920. A partir do número 14 cambiou o seu subtítulo por Revista Mensual de Casa de Galicia. Dirixido por Rodolfo Prada, os redactores eran Javier Insua, Eduardo Blanco Amor, E. Rosal, Manuel Agromayor, E. Calviño de Castro, Félix Ferro, Julio Viale Paz e o debuxante S. Santiago. Entre os seus colaboradores figuraron Xaquín Bacelo, Antonio Noriega Varela, Eladio Rodríguez González, Ramón María del Valle-Inclán, Fortunato Cruces, Manuel Castro López, Roberto Blanco Torres e Joaquín Pesqueira. Era unha publicación societaria que informaba das actividades da asociación e da colectividade emigrada, pero tamén publicou numerosos artigos literarios. O último número coñecido é o 58, de 1925.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires