A infancia dun xefe (en ) é un relato longo de algo máis de cen páxina do autor francés Jean-Paul Sartre. A obra foi publicada por vez primeira en lingua francesa en 1939, xunto con outros catro relatos na compilación intitulada O paredón.

Foi traducida ó galego por Ánxela Gracián e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.

Trama e características O texto conta a historia de Lucien Fleurier, dende a súa infancia, até o final da súa adolescencia, onde comprende que está chamado a ser «xefe»« Le vrai Lucien – il le savait à présent –, il fallait le chercher dans les yeux des autres, dans l'obéissance craintive de Pierrette et de Guigard, dans l'attente pleine d'espoir de tous ces êtres qui grandissaient et mûrissaient pour lui, de ces jeunes apprentis qui deviendraient ses ouvriers [...]. Lucien avait presque peur, il se sentait presque trop grand pour lui. Tant de gens l'attendaient, au port d'armes, et lui il était, il serait toujours cette immense attente des autres. “C'est ça, un chef”, pensa-t-il. » (útimas páxinas da versión orixinal en francés).. Ten unha carga importante introspección (o autor amosa un interese claro pola psicanálise). Foi escrita cun narrador en terceira persoa, e permite seguir o discurso reflexivo do protagonista, as súas percepcións e constatacións a partir das súas súas experiencias. Ten por outra banda unha compoñente de corte impresionista. É notorio o uso de parágrafos longos así como a inexistencia dunha división por capítulos, seccións ou de calquera outra clase.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Existencialismo

Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras literarias de 1939 Categoría:Obras traducidas do francés ao galego