"Cry" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson do seu décimo e derradeiro álbum de estudio Invincible (2001). Foi escrita polo cantautor de R&B R. Kelly, quen xa colaborara con Jackson no sinxelo de 1995 "You Are Not Alone". "Cry" foi producida por Jackson e Kelly. Foi lanzada en decembro de 2001 como o terceiro sinxelo de Invincible. "Cry" é unha balada de R&B, cunha letra que fai referencia ós problemas do planeta.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sinxelos de 2001 Categoría:Cancións de Michael Jackson