miniatura|dereita|Sinalización purinérxica, na que interveñen as pnnexinas. As pannexinas (do grego 'παν', pan, "todo", e do latín 'nexus', conexión) son unha familia de proteínas de vertebrados que foron identificadas pola súa homoloxía coas proteínas innexinas de invertebrados. As innexinas son responsables da formación de unións comunicantes en invertebrados, pero as pannexinas atópanse predominantemente formando grandes canais transmembrana que conectan os espazos intracelular e extracelular (non conectan dúas células entre si), e permiten o paso de ións e pequenas moléculas entre estes compartimentos (como o ATP e a sulforrodamina B).
Describíronse tres pannexinas nos cordados: Panx1, Panx2 e Panx3.
Función A pannexina 1 está implicada nas etapas iniciais da inmunidade innata por medio da súa interacción co receptor purinérxico P2X7. A activación do canal da pannexina pola unión de ATP ao receptor P2X7 dá lugar á liberación de interleucina-1β.
Entre os papeis hipotéticos que se cre exercen as pannexinas no sistema nervioso están participar no procesamento sensorial, a sincronización entre o hipocampo e o córtex cerebral, a plasticidade hipocampal, e a propagación de ondas de calcio. As ondas de calcio están sostidas polas células gliais, que axudan a manter e modular o metabolismo neuronal. Segundo unha hipótese, as pannexinas tamén poden participar en reaccións patolóxicas, incluíndo os danos neurais producidos despois dunha isquemia e a subseguinte morte celular.Bargiotas P, Krenz A, Hormuzdi SG, Ridder DA, Herb A, Barakat W, Penuela S, von Engelhardt J, Monyer H, Schwaninger M. "Pannexins in ischemia-induced neurodegeneration" Proc Natl Acad Sci U S A. 2011 Dec 20;108(51):20772-7. doi: 10.1073/pnas.1018262108. Epub 2011 Dec 6.PMID 22147915
Os canais de pannexina 1 son vías para a liberación de ATP desde as células.
Relacións coas conexinas As unións comunicantes intercelulares de vertebrados están formadas por proteínas da familia das conexinas. Estruturalmente as pannexinas e as conexinas son moi similares, e constan de 4 dominios transmembrana, 2 bucles extracelulares e 1 bucle intracelular, xunto con colas intracelulares N- e C-terminais. Malia que comparten esta topoloxía, estas dúas familias de proteínas non presentan unha suficiente semellanza de secuencia como para inferir con seguranza que teñen antepasados comúns.
Importancia clínica As pannexinas poden estar implicadas no proceso de desenvolvemento de tumores. Particularmente, os niveis de expresión de PANX2 serven para predicir a supervivencia posdiagnóstico de pacientes de tumores gliais.
O Probenecid é un fármaco ben establecido para o tratamento da gota, que permite discriminar entre os canais formados por conexinas e por pannexinas. O Probenecid non afecta aos canais formados por conexinas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Proteínas de membrana