Jane Colden, nada o 27 de marzo de 1724 en Coldenghan (Nova York) e finada o 10 de marzo de 1766, foi unha botánica norteamericana.

Traxectoria Foi a segunda de dez irmáns fillos dun médico escocés que tamén se adicou á política. Tras recibir unha educación esmerada da man da súa nai e logo do su pai, chegou a ser un dos botánicos máis famosos da época. Estudou a clasificación de Linneo, que o seu pai traducira do latín ó inglés, e descubriu e clasificou gran número de plantas de Nova Inglaterra, particularmente do val do río Hudson. Fíxoo de xeito autónomo, pois embarcarse soa nunha expedición con homes non estaba ó alcance das mulleres naquel entón, se ben parece evidente que tivo enxeño para obter a colaboración doutras persoas, amigos e coñecidos.

Mantivo correspondencia con botánicos como John e William Bartram nas colonias americanas, e Alexander Garden, John Ellis, e outros, en Inglaterra, o que lle permitiu estar ó tanto da actualidade no campo da botánica. Detallou un catálogo ('Botanic Manuscript') con máis de 400 especies de plantas locais que se conserva na actualidade na British Library, e descubriu a gardenia e un tipo de rubideira, aínda que non se lle atribúen normalmente ó seren tamén descubertas de xeito independente por homes nas mesmas datas.

Alexander Garden eloxiou oO seu traballo como 'extremamente preciso'. Vida persoal

Casou ós 35 anos co médico Willian Farquhar, e a partir de entón abandonou a botánica. Morreu tras dar a luz a un pequeno que tamén morreu.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Ligazóns externas

Cuando la botánica se decía femenina no blog Mujeres con ciencia

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1724 Categoría:Finados en 1766 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América