Nelahozeves é unha vila á beira do río Vltava, a 25 km ó norte de Praga, na República Checa. A súa poboación era de 1.375 segundo o censo de 2001.
O máis antigo documento que se conserva sobre a existencia de Nelahozeves data de 1352. A vila ten un castelo renacentista de estilo italiano. Foi construído no século XVI por Florián Griespech de Griespach. Dende 1623, pertence á familia Lobkowicz.
O compositor Antonín Dvořák naceu en Nelahozeves.
Véxase tamén Ligazóns externas Información básica da vila Castelo de Nelahozeves Páxina da familia Lobkowicz
Categoría:Xeografía da República Checa