Significant Other é o segundo álbum da banda estadounidense de nu metal Limp Bizkit, publicado o 22 de xuño de 1999 a través de Flip/Interscope Records. No disco o grupo expande o seu son con respecto ao seu primeiro traballo, Three Dollar Bill, Yall, incorporando máis influencias rock e hip hop. Significant Other foi coporoducido por Terry Date e Limp Bizkit. O disco tivo controversia debido á actuación do grupo en Woodstock 1999, no cal estoupou a violencia durante a canción "Break Stuff". Porén, a controversia non afectou ao éxito do álbum, xa que Significant Other tivo boas vendas, chegando ao número 1 da lista Billboard 200. A recepción da crítica foi favorable, destacando o son único do traballo e a interpretación da banda, factores que consideraron unha mellora con respecto ao seu disco de estrea.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Limp Bizkit Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums producidos por Terry Date Categoría:Álbums de Interscope Records Categoría:Álbums de Flip Records