Roberto Ferruzzi, nado en ŠibenikIL DALMATA, ottobre 2008 o 16 de decembro de 1853 e finado en Venecia o 16 de febreiro de 1934, foi un pintor italiano.

Biografía

Ferruzzi naceu en Šibenik, na Dalmacia, en 1853 de pais italianos. Con catro anos, trasladouse a Venecia, onde deu comezo aos seus estudos. Volveu para a Dalmacia coa súa familia onde viviu ata os 14 anos. Logo, trasladouse a Luvigliano, unha fracción de Torreglia, onde creou as súas mellores obras, incluíndo a famosa Madonnina.

Morreu en 1934, sendo enterrado cerca da súa esposa, Ester Sorgato, e da súa filla Mariska, no pequeno cemiterio de Luvigliano.

La Madonnina

É coñecido pola súa pintura La Madonnina (A Virxeciña), realmente unha representación da maternidade coa que venceu a segunda Bienal de Venecia, en 1897. Grazas á súa dozura, a pintura foi rebautizada como Madonnina. É tamén coñecida como Madonna, Madonna co Neno, Nosa Señora do Repouso, Nosa Señora do Camiño , Nosa Señora da Tenrura, Madonnella e Zingarella (Xitaniña).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Artigo sobre La Madonnina con foto

Categoría:Pintores de Italia Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Pintores do século XX Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en Šibenik