A arquidiocese de Madrid (en ) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 contaba con 3 359 000 bautizados sobre unha poboación total de 3 746 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2014 é Carlos Osoro Sierra.

Territorio A arquidiocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé arcebispal é a cidade de Madrid, onde está a Catedral da Almudena. O territorio está organizado en 476 parroquias.

Historia O 7 de marzo de 1885 foi erixida a diocese de Madrid e Alcalá de Henares, en territorios da arquidiocese de Toledo. No mesmo ano foi creado o seminario diocesano, baixo a advocación de san Boaventura.

O 25 de marzo de 1964 foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Romanorum Pontificum do papa Paulo VI, e mudou o seu nome polo de arquidiocese de Madrid.

O 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, cedeu parte dos seus territorios para erixir as dioceses de Alcalá de Henares e de Xetafe, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.

Episcopoloxio Bispos de Madrid e Alcalá de Henares Narciso Martínez Izquierdo (27 de marzo de 1884 - 19 de abril de 1886, finado) Ciriaco María Sancha y Hervás (10 de xuño de 1886 - 11 de xullo de 1892, nomeado arcebispo de Valencia) José María Cos y Macho (11 de xullo de 1892 - 18 de abril de 1901, nomeado arcebispo de Valladolid) Victoriano Guisasola y Menéndez (16 de decembro de 1901 - 14 de decembro de 1905, nomeado arcebispo de Valencia) José María Salvador y Barrera (14 de decembro de 1905 - 4 de decembro de 1916, nomeado arcebispo de Valencia) Prudencio Melo y Alcalde (4 de decembro de 1916 - 14 de decembro de 1922, nomeado arcebispo de Valencia) Leopoldo Eijo Garay (14 de decembro de 1922 - 31 de agosto de 1963, finado)

Arcebispos de Madrid Casimiro Morcillo González (27 de marzo de 1964 - 30 de maio de 1971, finado) Vicente Enrique y Tarancón (3 de decembro de 1971 - 12 de abril de 1983, retirado)

Arcebispos Metropolitanos de Madrid Ángel Suquía Goicoechea (12 de abril de 1983 - 28 de xullo de 1994, retirado) Antonio María Rouco Varela (28 de xullo de 1994 - 28 de agosto de 2014, retirado) Carlos Osoro Sierra (28 de agosto de 2014 - 12 de xuño de 2023, retirado) José Cobo Cano (nomeado o 12 de xuño de 2023)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas en España