miniatura|Exemplar morto de umeiro da especie Ulmus minor por mor da grafiose. A grafioseNome galego da doenza en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012), Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo é unha doenza fúnxica que afecta os umeiros (Ulmus sp.). Parece ser que a súa orixe se atopa no leste de Asia, onde as especies de umeiros son máis resistentes e non se ven tan afectadas. A doenza espallouse por Asia, Europa, Estados Unidos, Canadá e Nova Zelandia, e provócaa un fungo do xénero Ophiostoma. Este organismo ocupa os vasos do xilema e esténdese provocando que as follas murchen e que a árbore morra. O vector epidemiolóxico da grafiose son normalmente os escaravellos do xénero Scolytus, que transportan no seu corpo esporas do fungo desde exemplares de umeiro doentes a exemplares sans.

Téñense utilizado varias estratexias para combater a praga: eliminar exemplares mortos de umeiro ou partes afectadas da árbore, uso de insecticidas para impedir a proliferación de exemplares de Scolytus, eliminación de raíces-ponte entre exemplares achegados, uso de funxicidas e plantacións de umeiros resistentes ao fungo. Esta enfermidade causou a morte de millóns de umeiros en Europa e América do Norte. Contra o ano 1996 a grafiose devastara máis da metade dos umeiros do norte dos Estados Unidos; nalgúns países europeos estas árbores atópanse case extintas. No ano 1986 o 82% das forestas de umeiros españolas estaban afectadas..

A grafiose en Galicia Os umeiros son moi raros hoxe en día en Galicia; só atopamos exemplares illados nas serras orientais de Lugo e Ourense ou nas Fragas do Eume; o máis probábel é que a especie sufrise unha redución drástica da poboación por causa da súa utilización na construción naval da Mariña española, e máis recentemente pola grafiose, de aí a rareza actual da mesma nas fragas e bosques e galegosFicha umeiro en Vexetación de Galicia.

Os umeiros tamén son comúns árbores ornamentais en Galicia, plantadas en xardíns, parques, arboredos e carballeiras (Vilalba, Lourizán..). Na Praza Maior de Lugo plantáronse noutrora umeiros que morreron por mor da grafiose. Hoxe existe no lugar un tronco morto de umeiro cunha placa lembrando este feito.

Especies vulnerábeis miniatura|right|Ulmus laevis, especie de umeiro pouco resistente á grafiose. As especies de umeiros máis vulnerábeis son: Especie de Ulmus ResistenciaU. alataResistencia nula ou escasaU. americanaResistencia nula ou escasaU. canescensResistencia nula ou escasaU. celtideResistencia nula ou escasaU. crassifoliaAlgo resistenteU. davidianaAlgo resistenteU. densaResistencia nula ou escasaU. ellipticaResistencia nula ou escasaU. glabraResistencia nula ou escasa, autóctono en GaliciaU. glaucescensAlgo resistenteU. japonicaAlgo resistenteU. laciniataAlgo resistenteU. laevisResistencia nula ou escasaU. lanceaefoliaAlgo resistenteU. macrocarpaAlgo resistenteU. minorAlgo resistente, autóctono en GaliciaU. rubraResistencia nula ou escasaU. serotinaResistencia nula ou escasaU. thomasiiResistencia nula ou escasaU. turkestaniaResistencia nula ou escasaU. villosaAlgo resistenteU. wallichianaAlgo resistente

Historia Disque a doenza orixinouse no oeste asiático, onde as especies de umeiros presentes (Ulmus pumila, Ulmus parvifolia e Ulmus wilsoniana) son resistentes á peste, o que probabelmente indique que estas especies e Ophiostoma conviviron durante milleiros de anos. Téñense identificado dúas pandemias: unha producida por Ophiostoma ulmi a principios do século XX e outra orixinada por Ophiostoma novo-ulmi na década de 1960.

En 1919 comezaron a notarse os seus efectos nos Países Baixos, cando empezaron a declinar poboacións de Ulmus × hollandica, estendéndose posteriormente esta mortalidade a Francia e Bélxica. Foi a botánica neerlandesa Marie Beatrice Schwarz a que identificou como axente da enfermidade o fungo Ophiostoma ulmi e máis tarde achouse que o vector deste patóxeno eran os escolítidos do xénero Scolytus. Na década de 1920 a doenza acadou o Reino Unido e en 1931 os Estados Unidos a través de toros procedentes de Francia. Na década de 1940 a grafiose eliminara entre un 10% e un 40% dos exemplares de umeiros de Europa, porén a epidemia semellaba estar controlada.

Na década de 1960 reapareceu unha grafiose máis agresiva orixinada por outra especie do xénero Ophiostoma, Ophiostoma novo-ulmi. Distinguíronse dúas cepas: a cepa EAN (Eastern European) cuxa orixe era Ucraína e Moldova e maila cepa NAN (North American), localizada na Rexión dos Grandes Lagos. Desde eses focos espallouse por Asia, oeste de Europa e por todos os Estados Unidos. A cepa EAN atópase presente en países do centro de Europa, Italia, os Balcáns e Irlanda, mentres que a cepa NAN tense espallado a Inglaterra, Italia, a antiga Iugoslavia, os países nórdicos e na década dos 80 á Península Ibérica.

A grafiose detectouse en Nova Zelandia en 1989, en Auckland. En 1990 confirmouse que o axente causante era Ophiostoma novo-ulmi e que o vector epidemiolóxico era Scolytus multistriatus.

Vector epidemiolóxico miniatura|Galerías produto da acción de escaravellos no toro dun umeiro. O patóxeno causante da grafiose chega aos umeiros normalmente a través dos escaravellos do xénero Scolytus. As especies máis importantes que actúan como vector en Europa son Scolytus scolytus, que acada unha lonxitude de 7 mm, e Scolytus multistriatus, cunha lonxitude de 3,5 mm. Ademais destas dúas especies, na Península Ibérica tamén actúa como vector da doenza Scolytus kirchi, e noutras rexións europeas fano Scolytus sulcifrons, Scolytus ensifer e Scolytus pygmaeus. Scolytus multistriatus é o maior responsábel da propagación da grafiose en América do Norte, ademais de Hylurgopinus rufipes e Scolytus schevyrewi. miniatura|left|150px|Scolytus multistriatus, vector da grafiose. Estes escaravellos transportan nos seus corpos as esporas de Ophiostoma. Normalmente elixen exemplares de umeiros febles ou mortos, atraídos por compostos volátiles xerados por estas árbores, diferentes aos que emiten os umeiros sans, e furando galerías que atinxen o cámbium e en cuxo interior macho e femia aparéanse. Posteriormente a femia fura outra galería paralela ao eixo lonxitudinal do umeiro, depositando alí os seus ovos e desenvolvéndose as larvas dentro da árbore. Estas larvas constrúen galerías que se dispoñen perpendicularmente á galería creada pola súa nai, até chegaren ao estado adulto, cando abandonan a árbore para procurar umeiros sans, dos que precisan alimentarse para madureceren sexualmente, transportando novamente no seu corpo as esporas do fungo, que enferman e matan a árbore creando un espazo axeitado para a reprodución e posta do escolítido.

Ophiostoma Os organismos que provocan a grafiose, Ophiostoma ulmi e Ophiostoma novo-ulmi, pertencen á división Ascomycota, e posúen unha morfoloxía propicia para se adherir ao corpo de distintos artrópodos. O ciclo biolóxico do fungo presenta dúas etapas reprodutivas, asexual ou imperfecta e sexual. A partir das esporas transportadas polos escaravellos comeza a etapa asexual, onde se xera o micelio que á súa vez está formado por hifas. Este micelio dá lugar a conidios incoloros. Estes conidios ascenden á parte alta da árbore a través do zume. Nesta etapa tamén se forman sinemas que conteñen sinemiosporas (así se denominan as esporas producidas no sinema), que van dar lugar cando xermolen a hifas sexuadas, que cando se encontran con outras hifas dan lugar á fase sexual. Nesta fase Ophiostoma xera peritecios que dan lugar a oito ascosporas.

As diferenzas morfolóxicas entre Ophiostoma ulmi e Ophiostoma novo-ulmi son: Risco morfolóxico Diámetro do peritecio Lonxitude do colo Diámetro da base do colo Diámetro no extremo do colo Proporción entre lonxitude/base do colo Ophiostoma ulmi 100-150 μm 280-420 μm 18-42 μm 11-16 μm 2,4-3,5 Ophiostoma novo-ulmi 75-140 μm 230-640 μm 19-36 μm 9-14 μm 1,5-6,2

En 1995 describiuse no Himalaia unha nova especie do xénero Ophiostoma, Ophiostoma himal-ulmi, porén non se detectaron síntomas de grafiose nos umeiros da zona. O fungo illouse a partir de mostras recollidas en exemplares de Ulmus wallichiana.

Evolución da grafiose Unha volta que Ophiostoma se instala no umeiro espállase polo xilema. Esta propagación é máis efectiva cando a árbore forma os vasos de primavera, xa que ao estar estes formados por células maiores o fungo desprázase máis rapidamente. O patóxeno ceiba toxinas que acaban producindo a obstrución dos vasos do xilema, provocando un déficit hídrico nas pólas altas da árbore e, por conseguinte, o seu murchamento. Despois o fungo aliméntase do floema da árbore morta, alcanzando as galerías perforadas polos escolítidos, frutificando nelas e producindo esporas que se adhiren ao corpo dos escaravellos, para cando estes emerxan poidan ser novamente transportadas.

No caso de que a árbore se infecte en primavera por Ophiostoma novo-ulmi, o exemplar morrerá ese verán ou na primavera a seguir. Se a árbore vese atacada polo verán presentará unha maior resistencia, xa que a madeira que se forma nesa estación presenta uns vasos máis estreitos que dificultan a propagación do fungo.

Os umeiros reaccionan ante o patóxeno xerando barreiras de parénquima co obxectivo de illar o fungo, evitando así que Ophiostoma acade o cámbium vascular. A árbore tamén é quen de bloquear os vasos mediante xeles e tilosas (espesantes), evitando a propagación vertical da doenza. Tense tamén descrito en exemplares afectados a acumulación no xilema de mansononas, que son substancias funxicidas.

Detección e síntomas miniatura|right|O murchamento de follas en pólas altas da árbore indica que grafiose se transmitiu a partir de escolítidos. Existe unha diferenza nos síntomas que presenta a árbore dependendo de se esta foi infectada pola actividade de escolítidos, ou se ben contraeu a doenza a través de raíces ponte. Cando son os escaravellos os transmisores pódese ollar a simple vista como as follas dalgunha pólas elevadas presentan un aspecto murcho e amarelento, mentres que nos exemplares infectados pola raíz comeza a deterioración preto do baseamento da árbore. Pódese ollar á súa vez o interior das pólas novas que presentan liñas ou tacas de cor parda-moura que son os vasos condutores afectados ou obstruídos polo fungo. As pólas principais comezan a se deteriorar até que finalmente a árbore morre.

Como actuar Unha das medidas a tomar cando se detecta a grafiose á o chamado saneamento, que consiste na destrución das pólas afectadas ou, cando un exemplar de umeiro está seriamente afectado e é irrecuperábel, a eliminación do exemplar enteiro. Ademais tense que procurar que non se produzan traslados de leña dende lugares onde a grafiose está presente a zonas libres dela. Por iso é frecuente queimar as pólas ou exemplares cortados, aínda que tamén se poden tratar con insecticidas, mergullar en auga durante un tempo, introducir a madeira en recipientes estancos ou soterrala.

Outra actuación para evitar a transmisión da doenza consiste en illar mediante gabias as raíces de individuos sans e individuos afectados, asperxendo ditos buracos cun herbicida, normalmente metam sodio. Cómpre termos en conta a posíbel presenza de cabos eléctricos ou gasodutos soterrados. Para se asegurar completamente de que a enfermidade non se vai transmitir a profundidade da gabia ten que ser duns 1,20 m.

Tamén é efectiva, aínda que como medida complementaria ao saneamento, a utilización de praguicidas, como o metoxicloro, que se ben non produce unha alta mortalidade de escolítidos si funciona como repelente. É máis efectivo e barato usar DDT, mais por mor da súa prohibición non se utiliza.

Outro xeito de combatermos a doenza é pór trampas de feromonas artificiais onde fican atrapados os escolítidos, aínda que normalmente soamente se logra atrapar a un 20% destes. Este método non debe empregarse en umeirais libres da doenza, xa que se poderían atraer desde outras zonas insectos portadores de Ophiostoma.