miniatura|División eclesiástica de Galicia.
O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño. Comprende boa parte da actual comarca do Baixo Miño, agás as freguesías do concello de Tui e a parroquia de Sobrada, que pertencen ó arciprestado de Tui-Entenza.
Xeografía e historia Na actualidade, por Decreto de 23 de marzo de 2006, foron unificados os antigos arciprestados da Guarda e Tebra, constituíndo un único. Noutrora, o arciprestado de Tebra chamábase Tebra-Taras, ou coas variantes Tariaes e Taraes.ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco "Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tui y su Obispado" T. II: Vilas, Parroquias, Arciprestados. Edición facsimilar. Consello da Cultura Galega (1995) Linda cos arciprestados de Miñor e Tui-Entenza. O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal). Está bañado por ríos como o Miño, San Martiño, Pexegueiro, Pinzás, o Tamuxe ou o Barrantes.
Parroquias e anexos Está formado polas parroquias de: San Xoán de Amorín San Vicente de Barrantes San Pedro de Burgueira A Visitación de Santa María (ou Santa Isabel) de Camposancos San Bartolomeu das Eiras Santiago de Estás San Martiño e San Campio de Figueiró San Pedro de Forcadela San Cristovo de Goián Santa María da Guarda San Mamede de Loureza Santa Uxía de Mougás Santa María de Oia San Mamede de Pedornes Santa María de Pinzás San Salvador de Piñeiro Santa Mariña do Rosal San Lourenzo de Salcidos San Miguel de Tabagón San Xoán de Tabagón San Miguel de Taborda Santa María de Tebra San Salvador de Tebra Santa María de Tomiño San Miguel de Viladesuso San Bieito de Vilameán
O arciprestado posúe tres anexos: San Martiño de Currás (de San Xoán de Amorín) San Lourenzo do Hospital (de Santa María de Tomiño) San Xián de San Xián (de Santa María de Oia)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Arciprestados de Galicia
Guarda