A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que ten como obxectivo a galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da LínguaCarta fundacional (recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006).. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.Información na páxina de Praza Pública Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5.
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo.
Actividade A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.
Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.
En xaneiro de 2013 Carlos Callón foi absolto da falta por inxuriasCarlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña.
No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.
Presidentes da Mesa Xosé Manuel Sarille (1986–1997) Concha Costas (1997–2002) Carlos Callón (2002–2014) Marcos Maceira (2014–)
Recoñecementos VIII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1998), no Concello da Estrada. A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) concedeullo o V Premio Xela Arias polo "seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Mesa pola Normalización Lingüística
Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Pedrón de Ouro