Aiara (en castelán: Ayala, oficialmente Ayala/Aiara) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Aiara e tiña en 2014 unha poboación de 2 929 habitantes.

O actual municipio de Aiara comprende a maior parte da antiga Terra de Aiara, unha rexión que abarcaba tamén outros municipios da zona e que administrativamente estaba diferenciada de Áraba e Biscaia, sendo considerada como unha provincia da Coroa de Castela. Ese sistema mantívose ata 1842, cando quedou integrada na provincia de Áraba.

O municipio está formado por 24 localidades. A industria concéntrase principalmente nas proximidades da localidade de Murga, onde se atopa o Polígono Industrial de Aiara. Existe unha importante implantación do sector do moble na zona.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Concellos de Áraba