Zuia é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Zuia e tiña en 2014 unha poboación de 2.427 habitantes.

Limita polo norte con Orozko (Biscaia), polo sur con Vitoria, polo leste con Zigoitia e polo oeste con Amurrio e Urkabustaiz. Está formado por 13 concejos: Altube, Ametzaga, Aperregi, Bitoriano, Domaikia, Gilierna, Jugo, Lukiano, Markina, Murgia, Sarria, Zarate e Ziorraga. A súa capital é Murgia.

Igual que no resto da comarca, a gandería e a silvicultura foron as actividades económicas por excelencia da zona. Aínda que hoxe en día é un sector pouco representativo, aínda se manteñen importantes explotacións de ovino e vacún. Nalgunhas delas, en Sarria e Markina, elabórase queixo Idiazabal. Ademais ten certa importancia o sector apícola, coa produción de mel e derivados, que se promoven no Museo do Mel de Murgia.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Concellos de Áraba