As carofíceas (Charophyceae) son un grupo de algas verdes carófitas con categoría de clase (bioloxía). Nas clasificacións actuais adoita tratarse ás carofíceas como unha clase dentro da división Charophyta, separándoas das Chlorophyta, mentres que todas as algas verdes estarían incluídas dentro do reino das plantas ou Viridiplantae.Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2007. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. AlgaeBase.org; searched on 13 December 2007Campbell, N. A. & Reece, J. B. 2005. Biology, Seventh Edition. Benjamin Cummings, San Francisco. Noutras clasificacións as Charophyceae son unha clase dentro das divisións Chlorophyta, Streptophytina, ou Streptophyta, segundo os autores.Hoek, C. van den, Mann, D. G. & Jahns, H. M. 1995. Algae: An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9StreptophytinaMcCourt, R. M., Chapman, R. L., Buchheim, M. & Mishler, B. D. “Green Plants” . Accessed 13 December 2007
A clase Charophyceae, segundo algunhas clasificacións, inclúe dúas ordes de algas, as Charales e as Coleochaetales. O consenso entre os botánicos é que as Coleochaetales son as algas que están máis próximas ás embriófitas (plantas terrestres).Delwiche, C. F. “Charophycean Green Algae”. Accessed 13 December 2007
Moitas das características complexas relacionadas coa reprodución sexual, fotosíntese, e outros trazos definitorios das plantas terrestres evolucionaron primeiro nas carófitas. Por exemplo, as análises de ADN cloroplástico (ADNcp) indican que moitas características dos cloroplastos das plantas evolucionaron inicialmente nas carófitas como as dos xéneros Staurastrum e Zygnema.Turmel, M., Otis, C. & Lemieux, C. 2005. The Complete Chloroplast DNA Sequences of the Charophycean Green Algae Staurastrum and Zygnema Reveal that the Chloroplast Genome Underwent Extensive Changes During the Evolution of the Zygnematales. BMC Biology 3:22 Estas investigacións indican que as embriófitas evolucionaron das carofíceas.
Notas
Categoría:Carófitas