Antonio Quesada Porto, nado en Ourense o 14 de xuño de 1932 e finado en Vigo o 26 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego. Traxectoria Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como Xaime Quesada, Carlos Quesada ou Fernando Quesada, todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de Facenda. En 1953 consegue praza en Zamora, onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez García e Jesús Hilario Tundidor.

Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en 1966 a Vigo, onde residirá o resto da súa vida.

Pintor abstracto, destacou como paisaxista, con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o óleo (sobre lenzo ou madeira), e a serigrafía. Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Municipal de Ourense, o Bello Piñeiro de Ferrol e o de Toledo, e en varias coleccións privadas e institucións públicas. et al.: Artigo "QUESADA PORTO, Antonio" en Gran Enciclopedia Galega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Plástica Gallega, Pablos, Colmeiro, Ilarri, Pousa e Antonio Quesada Porto, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, 408 p., ISBN 84-7231-603-3.

Outros artigos Sobriños: Yayo Quesada, Marieta Quesada, Xaime Quesada Blanco...

Ligazóns externas

Galegos.info

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes