Ben "Son" Johnson, Jr., nado en Foraker (Oklahoma) o 13 de xuño de 1918 e finado en Mesa (Arizona) o 8 de abril de 1996 foi un actor, especialista de cinema e vaqueiro de rodeo estadounidense.

Traxectoria Ben Johnson naceu na Osage Indian Reservation, de orixes irlandesa e cherokee, fillo de Ollie Susan Workmon e de Ben Johnson, Sr.Ollie Susan Workmon Rider obituary, Osage County, Oklahoma USGenWeb Project hosted by Rootsweb.com O seu pai era rancheiro e campión de rodeo.

A súa carreira cinematográfica comezou en The Outlaw, de Howard Hughes. O seu traballo como especialista chamou a atención de John Ford, que o contratou como dobre de Henry Fonda en Fort Apache (1948). Durante a rodaxe os cabalos que tiraban dunha carruaxe con tres homes desbocáronse, e Johnson foi quen de parar o carro e salvar os homes. Cando Ford lle prometeu que sería recompensado Johnson contaba con outro traballo de dobre ou quizais un pequeno papel con frase. Ford chamou a Johnson á súa oficina e deulle un sobre cun contrato de sete anos por cinco mil dólares á semana. O seu primeiro papel acreditado foi en 3 Godfathers.

Durante a súa carreira traballou con directores como Sam Peckinpah e gañou o Oscar ao mellor actor secundario de 1971 por A derradeira película, de Peter Bogdanovich.

Faleceu vítima dun ataque ao corazón en Mesa (Arizona), o 8 de abril de 1996 mentres visitaba a súa nai, que tiña 96 anos. Ela finou en 2000 cando tiña 101 anos.

Filmografía Ano Título 1939 The Fighting Gringo 1943 The Outlaw 1943 Bordertown Gun Fighters |- | 1944 | The Pinto Bandit 1944 Tall in the Saddle 1944 Nevada 1945 Corpus Christi Bandits 1945 The Naughty Nineties 1946 Badman's Territory 1948 The Gallant Legion 1948 3 Godfathers 1949 Mighty Joe Young 1949 A lexión invencible 1950 Caravana de paz 1950 Rio Grande 1951 Fort Defiance 1952 Wild Stallion 1953 Raíces profundas 1955 Oklahoma! |- | 1956 | Rebel in Town|- | 1957 | War Drums|- | 1957 | Slim Carter|- | 1958 | Fort Bowie|- | 1960 | Ten Who Dared|- | 1961 | O rostro impenetrable|- | 1961 | Tomboy and the Champ|- | 1964 | O gran combate |- | 1965 | Maior Dundee|- | 1966 | The Rare Breed|- | 1968 | O máis valente entre mil|- | 1968 | Hang 'Em High|- | 1969 | Grupo salvaxe|- | 1969 | The Undefeated|- | 1970 | Chisum|- | 1971 | A derradeira película|- | 1971 | Something Big|- | 1972 | Corky|- | 1972 | Junior Bonner|- | 1972 | The Getaway|- | 1973 | Ladróns de trens|- | 1973 | The Red Pony|- | 1973 | Dillinger|- | 1973 | Kid Blue|- | 1973 | Runaway!|- | 1973 | Blood Sport|- | 1974 | Viaxe a Sugarland|- | 1974 | Locusts|- | 1975 | Morde a bala|- | 1975 | Nevada Express|- | 1975 | Hustle|- | 1976 | The Savage Bees 1976 The Town That Dreaded Sundown 1977 The Greatest |- | 1977 | Grayeagle|- | 1978 | The Swarm|- | 1979 | The Sacketts|- | 1980 | The Hunter|- | 1980 | Ruckus|- | 1980 | Terror Train|- | 1981 | Soggy Bottom U.S.A.|- | 1982 | Tex|- | 1982 | The Shadow Riders|- | 1983 | Champions|- | 1984 | Amencer vermello|- | 1985 | Wild Horses|- | 1986 | Trespasses|- | 1986 | Let's Get Harry|- | 1987 | Cherry 2000|- | 1988 | Stranger on my Land|- | 1988 | Dark Before Dawn 1989 The Last Ride 1989 Back to Back |- | 1991 | The Chase|- | 1991 | My Heroes Have Always Been Cowboys|- | 1992 | Radio Flyer|- | 1993 | Bonanza: The Return|- | 1994 | Outlaws: The Legend of O.B. Taggart 1994 Angels in the Outfield 1995 Bonanza: Under Attack 1996 Ruby Jean and Joe 1996 The Evening Star

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Encyclopedia of Oklahoma History and Culture - Johnson, Ben, Jr.

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee