Conscance Kamii, nada en Xenebra o 14 de marzo de 1931, é unha pedagoga suíza.
Traxectoria Viviu no Xapón ata os 18 anos, e en 1955 emigrou aos Estados Unidos de América. Estudou socioloxía, Mestre en Educación e doutor en Educación e Psicoloxía na Universidade de Míchigan.
Foi colaboradora de Jean Piaget nos estudos relacionados coa psicoloxía xenética e teoría piagetiana. Actualmente Kamii é profesora da universidade de Alabama.
O programa de Costance Kamii e Retha Devries deseñado entre os anos 1977 e 1978, é un currículo da educación infantil derivado das ideas de Piaget. Kamii e Devries consideran que a educación infantil debe contribuír a crear persoas autónomas e creativas, para o que definen tres obxectivos socio-emocionais e dous obxectivos de carácter cognitivo para o alumnado da escola infantil. Os primeiros son:
Obxectivos socio-emocionais: Que se sinta seguro coas persoas maiores e sexa autónomo. Que respecte os sentimentos e dereitos dos demais. Que sexa independente.
Obxectivos cognitivos: Que propoña ideas, problemas e preguntas interesantes. Que relacionen as cousas e déanse conta das semellanzas e diferenzas entre eles.
Os contidos e recursos deste currículo proveñen de: A vida cotiá As actividades e recursos dos programas tradicionais tales como os xogos de construción, xogo simbólico, contos, coidado de animais, cultivo de plantas etc As actividades derivadas da teoría de Piaget.
Entre estas actividades están: Actividades para desenvolver o coñecemento físico, como poden ser xogos para empuxar, rodar, tirar, introducir obxectos na auga etc. Con estas actividades preténdese que os nenos observen o resultado das súas acción; Actividades para o desenvolvemento moral e a cooperación, como son os xogos, xa sexan non competitivos, competitivos ou grupais; Actividades para favorecer procesos de razoamento, partindo das probas piagetianas. Estas deben empregarse esporadicamente, por exemplo, copiar formas con escarvadentes ou exercicios de seriación.
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Pedagogos de Suíza Categoría:Nados en Xenebra