ReBoot é unha serie de animación canadense producida pola compañía Mainframe Entertainment, emitida inicialmente entre os anos 1994 e 2001. En Galicia transmitiuna a TVG a finais da década de 1990.

Foi a primeira serie completamente animada por ordenadorCanal + estrena 'Reboot', el futuro de la animación por ordenador, en El País (16-4-1995). Comprobado o 31-1-2015, en castelán.. Na década de 1980 xurdiu a idea da serie, mais a tecnoloxía aínda non estaba o suficientemente desenvolvida para levalo a cabo de xeito satisfactorio. As probas de animación en 3D empezaron en 1990, acadando unha aparencia detallada no 1991. Continuou a produción de máis episodios ata que houbo un número suficiente de capítulos, emitíndose por primeira vez en 1994. Ningunha outra compañía desenvolvera ata o momento un proxecto de animación en 3D desta escala e o software utilizado era daquela unha innovación.

Enredo A trama ten lugar no mundo interior dun sistema informático coñecido como Mainframe. Bob é o Gardián #452, responsable de manter a seguridade no sistema Mainframe, onde un virus chamado Megabyte anda a causar estragos. A moza Dot Matrix e seu irmán máis novo Enzo, que adoita meterse en sarillos, enfróntanse xunto con Dot ó malévolo Megabyte pero ás veces tamén se ven involucrados en xogos que inicia o usuario do sistema. Os xogos maniféstase como un cubo vermello caendo do "ceo", deben vencer a calquera prezo ou pola contra serán eliminados e producirase a destrución dun sector en Mainframe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ReBoot (Serie de TV), ficha en filmaffinity, en castelán. ReBoot, na IMDb, en inglés.

Categoría:Debuxos animados Categoría:Series de televisión con versión galega