Margot Sponer, nada en Neisse o 10 de febreiro de 1898 e finada en Berlín o 28 de abril de 1945, foi unha lingüista alemá que, como autora da tese de doutoramento Altgalizische Urkunden. Documentos Antiguos de Galicia, converteuse nunha das pioneiras dos estudos galegos no mundo.

Traxectoria miniatura|Margot Sponer (1920) A cidade natal de Sponer leva actualmente o nome de Nysa e sitúase no voivodato de Opole (Polonia), pero daquela era unha das cidades silesias que pertencían ao Reino de Prusia. Margot Sponer estudou o bacharelato en Quedlinburg e despois estudou Filoloxía Románica, Arábica e Xermánica na Universidade Humboldt de Berlín, daquela chamada Friedrich-Wilhelms-Universität (Universidade Federico Guillerme, en alemán), onde se licenciou. Nela tamén proseguiu os seus estudos de posgrao, centrados na lingua galega medieval.

Visita a Galicia 300px|miniatura|Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928 En 1926 fixo a súa visita a Galicia á procura de documentación para a súa tese, onde toma contacto co grupo da Revista Nós. Nese mesmo ano é proposta como membro do Seminario de Estudos Galegos e envía unha carta aberta á Real Academia Galega, para agradecer a axuda recibida nas súas investigacións. A carta foi publicada no Boletín da Real Academia Galega: 125px|miniatura|dereita|Casto Sampedro foi avogado, folclorista e investigador na área da Arqueoloxía.

200px|miniatura|Perspectiva das montañas do Cebreiro A prensa galega chegou a informar das súas investigacións e cita a Pablo Pérez Costanti, arquiveiro do concello de Santiago, como o seu guía na cidade compostelá. El foi quen a puxo en contacto con Casto Sampedro, que lle proporcionou acceso aos documentos que necesitaba para os seus estudos en Pontevedra.Figueroa 2017, páx. 24

Alén dos lugares mencionados na carta dirixida á Real Academia Galega, as notas de prensa mencionan tamén o seu percorrido a cabalo por parte da provincia de Lugo, ata O Cebreiro. Neste sentido, o publicista francés Roger-Louis Dupuy, que trabara amizade con Sponer, menciona na súa autobiografía un comentarioDUPUY, Roger Louis (1975). Souvenirs en vrac vaguement mis en ordre. Inédito. Páx. 157-158 (apud Figueroa 2017, páx. 89). ilustrativo sobre a natureza dos traballos de campo da filóloga:

Non parece haber dúbida de que, na súa viaxe a Galicia en 1926, Sponer non só se centrou na transcrición paleográfica da documentación galega medieval, senón que tamén aproveitou a visita para estudar o galego moderno. Unha nota publicada o 15 de novembro de 1926 no número 35 da Revista Nós indicaba que Sponer xa marchara cara a Portugal, pero que o seu traballo sobre o galego antigo estaba moi adiantado e que tiña a intención de elaborar outro sobre o galego moderno, para o que contaba con realizar outra visita no futuroFigueroa 2017, páxinas 23 e 25. 300px|miniatura|Foto antiga de Sarria De feito, en xaneiro de 1927, a propia Margot Sponer publicou na revista Nós un artigo baixo o título "Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega", en que escribe:

Ningún deste material mencionado no artigo está conservado, probablemente porque se perdeu no Berlín do final da segunda guerra mundial, tras a morte de Sponer a man dos nazis. Pero, sempre segundo o profesor Antón Figueroa Lorenzana, "seguramente estamos ante un dos primeiros intentos de estudo dialectal da lingua galega"Figueroa 2017, páx. 25. Con todo, Margot Sponer trata no artigo cuestións relacionadas coas interferencias do castelán no galego, que ela denomina "contamiñación co castelao", e as cuestións sociolóxicas que as provocan. Así, indica:

Vida como profesora universitaria miniatura|300px|Ao fondo, a Friedrich-Wilhelms-Universität de Berlín (hoxe Universidade Humboldt) e avenida Unter den Linden, arredor do ano 1900. En primeiro termo, á esquerda, a Biblioteca da Universidade e, no centro, a Bebelplatz, onde os nazis realizaron unha coñecida queima de libros en 1933. O xornalista galego Felipe Fernández Armesto, que en 1929 estudaba en Berlín, dedicoulle por completo a Sponer unha das crónicas que enviou ao diario vigués El Pueblo Gallego. Entre outros asuntos, comentaba o dominio que ela posuía da lingua galega e adiantaba a publicación da súa tese (apud Figueroa 2017, páx. 31):

En 1929, Sponer licénciase e traballa como profesora de lingua española na universidade berlinesa. No seu departamento foi visitada a comezos da década de 1930 por Vicente Risco, que lle comenta un dos seus encontros a Otero Pedrayo nunha carta do propio ano 1930:

Lois Tobío foi outro dos intelectuais galegos que entraron en contacto con Margot Sponer en Berlín. Na súa obra As décadas de T.L., dedícalle unhas liñas (apud Figueroa 2017, páx. 39):

300px|miniatura|Adolf Hitler pasa revista ás tropas en Berlín o 1 de xaneiro de 1935 Logo da suba de Adolf Hitler ao poder inícianse purgas na universidade, co resultado da expulsión de moitos científicos. Margot Sponer deixa de dar clase na universidade e sábese que entre 1933 e 1936 viviu durante algunhas temporadas en España, probablemente en Madrid, mentres proseguía as súas investigacións.

En 1935 presenta a súa tese de doutoramento titulada Altgalizische Urkunden ("Documentos do galego antigo"), onde recolle transcricións de documentos galegos datados entre os anos 938 e 1494. A tese foi dirixida por Ernst Gamillscheg. O crítico literario Antón Figueroa considerouna "unha das primeiras teses sobre a lingua galega, se non a primeira" Páxina 2.

En 1936 abandona España como consecuencia da Guerra Civil Española e regresa a Alemaña. Volve dar clase de español na Universidade de Berlín, neste caso na Facultade de Arte. Continúa vinculada á universidade durante os anos seguintes, simultaneando as súas clases con viaxes ao estranxeiro: en 1938 viaxa a México e en 1940 e 1941 realiza unha viaxe de estudos a España.

Represión nazi Margot Sponer foi expulsada da universidade en outubro de 1942 e, aínda que tentou o reingreso ao mes seguinte, non o conseguiu. As razóns da súa expulsión non se coñecen. En febreiro de 1945 foi detida pola Gestapo polas súas actividades de cooperación coa resistencia contra os nazis.

O coñecemento sobre as circunstancias da súa morte foise esclarecendo co tempo: nun primeiro momento, pensouse que fora encarcerada no campo de concentración de Neuengamme por auxiliar a cidadáns xudeusEine vergessene Widerstandskämpferin, artigo de Annette Vogt, in Berlinische Monatsschrift, 5, maio de 2001 e executada nese mesmo ano, entre febreiro e abril, nun lugar indeterminadoMargot Sponer , recensión biográfica na galería de mulleres romanistas da Universidade Philipps de Marburgo . Con todo, posteriormente sóubose que atopou "unha morte tráxica no convulso Berlín da primavera de 1945"Figueroa, Antón. Op. cit. (2013), páxina 18. Como resultado de investigacións posteriores [apud Figueroa, op. cit. (2013)] [páxinas 139-146, apud Figueroa, op. cit. (2013)] sábese agora que mentres ela vivía nun piso do cónsul da ArxentinaFigueroa, Antón. Op. cit. (2013), páxina 30:

300px|miniatura|A morte de Margot Sponer produciuse durante a batalla de Berlín, cando o exército ruso xa tomara parte da cidade e só dous días antes do suicidio de Hitler.

Nunha biografía dedicada á irmá de Margot Sponer, Annette Vogt resume as declaracións das testemuñas nun xuízo que se celebrou anos despois. Nesa pasaxe, traducida polo profesor Figueroa apud Figueroa 2017, páx. 111 indica que o día 28 de abril, ao día seguinte de Margot Sponer ser arrestada:

Altgalizische Urkunden A tese de doutoramento de Margot Sponer, Altgalizische Urkunden, recibe como segundo título Documentos Antiguos de Galicia. Contén as seguintes partesFigueroa 2017, páx. 80: Unha introdución en castelán. O corpus de documentos medievais transcritos e anotados. Un índice cronolóxico do ano 938 ao 1494. Un índice de documentos por provincia. Un mapa de Galicia cos lugares de procedencia dos documentos. Unha pequena recensión autobiográfica da autora, en alemán.

Desta tese só é relativamente coñecida unha primeira parte de 80 páxinas que foi publicada en 1934 na revista barcelonesa Anuari de l'Oficina Romànica de Lingüística i Literatura (AOR)Figueroa 2017, páx. 55 e que foi empregada polo ILG en 2007 para o seu corpus do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega.

A tese completa, con 248 páxinas, está nos fondos das bibliotecas da Freie Universität Berlin, unha das universidades que xurdiron na cidade a raíz da división posterior á segunda guerra mundial. Nela, Sponer menciona que seguira o método aplicado por Menéndez Pidal na súa obra de 1919 Documentos lingüísticos del Reino de Castilla, que realmente apareceu publicada como Documentos lingüísticos de España, I, Reino de CastillaFigueroa 2017, páx. 18.

Vida persoal A súa irmá, Hertha Sponer, foi unha física de renome internacional, que proseguiu a súa vida académica en Alemaña e despois no exilio en Noruega e nos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

A referencia de Altgalizische Urkunden, a tese de Margot Sponer, no catálogo en liña das bibliotecas da Freie Universität Berlin. Consultado o 11/3/2018.

Dispoñible no blog do autor:

Categoría:Galicianistas Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Nados no voivodato de Opole Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Asasinados polo réxime nazi Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Profesores da Universidade Humboldt de Berlín