Antonio Cantero Seirullo, nado en Valencia o 3 de abril de 1838La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-1-1880, p. 5., foi un político español.

Traxectoria Dende 1856 dedicouse a traballos e servizos de ferrocarrís e foi secretario xeral da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. En 1868 foi nomeado xefe de sección do Ministerio de Graza e Xustiza. Amigo de José Elduayen, na Restauración militou no Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1879. Nas eleccións de 1884 foi elixido deputado polo distrito da Estrada. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1891.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en ano descoñecido