Linyola é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Pla d'Urgell e tiña en 2014 unha poboación de 2.677 habitantes.
Situado no norte da comarca, a 248 metros sobre o nivel do mar, limita cos concellos de Bellvís e Vallfogona de Balaguer polo leste, el Poal e el Palau d'Anglesola polo sur, Ivars d'Urgell e Penelles polo oeste e Bellcaire d'Urgell polo norte.
Entre os seus lugares de interese atopamos o núcleo antigo da vila, coa praza e a igrexa de Santa Maria, a Casa da Vila e o Museo Pedrós. As súas festas maiores celébranse na honra a Santa Quitèria (22 de maio) e a Asunción de María (15 de agosto).
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial