Santiago de Buxán é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2014 tiña 298 habitantes (151 mulleres e 147 homes), 105 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.
Historia
En 1835 creouse o Concello de Buxán, e nesta parroquia estivo a casa consistorial até que a comezos do século XX se trasladou á Corredoira (Bembibre). En 1960 o concello pasou a ter a denominación actual de Val do Dubra.
A igrexa actual foi reconstruída entre 1909 e 1913. Na Guía eclesiástica de la archidiócesis, de 1894, aparece Buxán como de padroado laico, erro producido por confusión co seu homónimo da Maía, que efectivamente o era.
En 1924 os emigrantes do concello en Buenos Aires crearon o Centro recreativo y cultural Hijos de Buján, destinado aos descendentes do municipio.
Lugares e parroquias Lugares de Buxán
Parroquias de Val do Dubra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Val do Dubra
Categoría:Parroquias de Val do Dubra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior