San Xián é un lugar da parroquia do Rosal, no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 81 habitantes (43 homes e 38 mulleres).

Historia Eclesiasticamente pertencía á parroquia do Rosal. En 1796 os veciños solicitaron que se declarase parroquia independente e en 1806 o bispo Juan García Benito erixiuna como vigairía perpetua. Non se constituíu, por tanto, como parroquia e pasou a ser un anexo da de Santa María de Oia, á cal segue a pertencer actualmente. Pola contra, administrativamente pertence á parroquia do Rosal.

Debe o seu nome ao seu patrón, San Xián o Hospitaleiro.

Patrimonio Posúe unha igrexa moi sinxela: unha soa nave rectangular e o presbiterio de corpo cadrado máis alto e ancho que a nave. Polo sur, engadíuselle a sancristía ó lado do presbiterio. En todos os esquinais presenta un apilastrado sinxelo como apoio de cornixa en media cana que acolle o tellado.

A súa festa celébrase o 7 de xaneiro.

Lugares e parroquias Lugares do Rosal

Parroquias do Rosal

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Rosal

Categoría:Lugares do Rosal Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos