O castelo dos Corullón é unha fortificación de orixe medieval situada en Corullón (provincia de León).

Historia Foi construído como mansión de recreo pola familia Rodríguez de Valcarce no século XIV, sobre os restos dun poboado castrexo e unha torre medieval. Posteriormente pertenceu á familia Álvarez Osorio, Condes de Lemos ata 1482 pasando despois ás mans dos Álvarez de Toledo. O Castelo pertence na actualidade aos descendentes dos Marqueses de Vilafranca.

Arquitectura O conxunto conservado componse dun recinto fortificado de 41 por 23 metros.

A Torre Maior ou torre da homenaxe foi construída sobre outra torre medieval anterior e incendiada e parcialmente derrubada durante a segunda parte das Revoltas Irmandiñas, durante a súa posesión por parte do Conde de Lemos. Reconstruída por Pedro Álvarez Osorio' Primeiro Conde de Lemos, tralo fin das Revoltas Irmandiñas, a torre actual é de grandes dimensións -aproximadamente uns 20,5 metros de altura conservada e entre 10,4 e 12,6 metros de lado.

O edificio principal conserva unha altura máxima de 6,77 metros e unha anchura mínima dun metro, aínda que anteriormente puido ser máis alto, como se ve na actual Torre da Homenaxe.

Notas

Véxase tamén Bibliografía El Castillo de Corullón: Estudio de un conjunto de proyectiles en el contexto de las revueltas irmandiñas - María González Castañón Castillos de España (volumen II). VV.AA., Editorial Everest, S.A., León, 1997, (Pgs. 988-989).

Corullón Categoría:Provincia de León