A mandarineiraNome da árbore en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega ou mandarineiroGran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. (Citrus reticulata) é unha árbore pequena de entre 2 e 6 metros de altura, normalmente co tronco torto e sen espiñas. As súas pólas son angulosas, e as follas son oblongo-ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3.5–8 cm de lonxitude e 1.5–4 cm de anchura, coa base e o ápice obtusos. O seu froito é a mandarina, que posúe de 4–7 cm de lonxitude e 5–8 cm de diámetro. A súa cor varía de amarela verdosa ao laranxa e vermello alaranxado. A superficie é brillante e está chea de glándulas oleosas afundidas. A casca é delgada, moi fragrante, separándose facilmente da polpa.
A mandarineira é unha especie nativa da China.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Outros artigos Clementina
Categoría:Froiteiras Categoría:Citrus Categoría:Flora de Asia Categoría:Rutáceas