San Miguel de Sarandón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 357 habitantes (174 mulleres e 183 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 387 habitantes. Linda coas parroquias San Mamede de Ribadulla, San Cristovo, San Pedro de Sarandón e Santa Eulalia de Vedra e no sur con Río Ulla. Está formado por once aldeas: Canicova, A Casanova, Casansula, Caxaraville, Cimadevila, Dozar, A Pedreira, Sarandón, A Silva de Abaixo, A Silva de Arriba e Ximonde.
En San Miguel de Sarandón atópase o couto de Ximonde, couto de pesca salmoneiro do río Ulla.Ximonde Coto de pesca
Patrimonio Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.
En 1776 Carlos III de España concedeu o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.
Festexos Na parroquia de San Miguel celébranse anualmente tres festas. Festa do viño da Ulla, festa popular onde se exaltan os viños da zona da Ulla, recollidos na subzona da denominación de orixe Rias Baixas. Celébrase o segundo domingo do mes de abril. Festa do San Campio, festas patronais en honor a San Campio e San Antonio. Sempre se celebra os días 9, 10 e 11 de agosto. Festa do San Migueliño, festas patronais en honor a San Miguel, que se celebra no mes de setembro.
Deportes A parroquia de Sarandón é un dos lugares por onde transcorre dende hai anos un dos treitos do Rally Botafumeiro, proba de rally que se disputa anualmente e que forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.
Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Sarandón
Parroquias de Vedra
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Vedra
Categoría:Parroquias de Vedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel