Enterococcus faecium é unha especie bacteriana grampositiva, alfa-hemolítica ou non hemolítica do xénero Enterococcus. Pode ser un comensal inocuo que vive no intestino humano, pero pode tamén ser patóxena, causando doenzas como a meninxite neonatal ou endocardite.

Hai cepas resistentes á vancomicina. Os E. faecium resistentes á vancomicina coñécense coas siglas VRE (do inglés).

Algunhas cepas de E. faecium utilízanse como probióticos tanto en animais coma en humanos.

Secuencia xenómica Os xenomas que figuran a continuación proceden da páxina web Integrated Microbial Genomes.

Algúns dos 22 xenomas secuenciados de Enterococcus faecium Cepa ST CC17 País Ano 1,231,408 582 Si 1,231,501 52 Non Com15 583 Non Estados Unidos (MA) 2006 1,141,733 327 Non 1,230,933 18 Si 1,231,410 17 Si 1,231,502 203 Si Com12 107 Non EUA (MA) 2006

Tratamento O antibiótico linezolid ou a daptomicina utilízanse para tratar infeccións por VRE. As estreptograminas, como quinupristina/dalfopristina, poden tamén usarse para tratar infeccións por VREs. Tamén se poden tratar con sultamicilina.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lactobacillales