Jean d'Etcheverry ou Jean Etchevers, coñecido en Betanzos e en toda Galicia como Juan Etcheverry, nado en Bonloc (Lekuine en éuscaro), País Vasco francés, en 1685 e finado en Betanzos en data descoñecida, foi un mestre curtidor e empresario francés que se estableceu en Betanzos a principios do século XVIII e fundou nesta cidade unha industria de curtidos e unha familia de empresarios e banqueiros que chegou até os nosos días.Margarita Villar Rodríguez e Elvira Lindoso Tato (2008): "Análisis comparado de dos elites brigantinas: la trayectoria empresarial de los Núñez y los Etcheverría desde una perspectiva histórica (c. 1717-1955)". Anuario Brigantino, nº 31, pp. 111-140.

Contexto histórico

A actividade do curtido de peles tiña unha longa tradición en Galicia, debido á abundancia de recursos (reses, auga con pouco cal e casca de carballo). Esta actividade experimentou unha profunda transformación a finais do século XVIII, cando se produciu a transición desde o curtidor tradicional ás modernas fábricas de curtir. Aínda que a aparición de empresas neste sector da produción non supuxo grandes avances tecnolóxicos na industria do coiro, si que modificou a súa organización social e produtiva.Carmona, X. e J. Nadal (2005): El empeño industrial de Galicia. 250 años de Historia. 1750-2000. A Coruña: Fundación Pedro Barríé de la Maza. ISBN 84-95892-38-3 , p. 39.

No desenvolvemento desta actividade, como noutras, tivo grande influencia a chegada de mestres vascofranceses e, en menor medida, dun pequeno grupo de mestres cataláns que impulsaron a modernización do sector.Carmona Badía, X. e Mª T. Fernández Vázquez (2003): A Compostela Industrial. Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago. ISBN 84-930667-2-9.

Traxectoria O fundador da dinastía familiar Etcheverría, Jean d'Etcheverry, nacera en 1685 na pequena localidade de Bonloc ou Lekuine, hoxe unha comuna situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania e no territorio histórico vascofrancés de Lapurdi.Curiosamente, o actual alcalde (maire) desta pequena comuna de menos de 400 habitantes é M. Michel Etcheverry, seguramente da mesma familia que o noso célebre lekuindarra-betanceiro. Atraído pola lucrativa actividade do tráfico de peles coas colonias americanas, Etcheverry estableceuse en Betanzos.González Catoyra, Alfonso (1997): Nuevas biografías coruñeses. A Coruña: Ed. do autor, pp. 212-214. Cómpre sinalar que as manufacturas galgas de coiros, así como a tradicional de lenzos, experimentaron durante a segunda metade do século XVIII unha notábel expansión, grazas ao crecemento demográfico, aoa prezos relativamente baixos e a apertura do porto da Coruña ao comercio colonial desde 1764.Carmona e Nadal (2005), Op. cit., pp. 33-34.

Porén, o esplendor do sector do lenzo foise apagando de maneira progresiva no século seguinte debido á súa reducida capacidade de reacción aos cambios nos mercados e na tecnoloxía que determinaron o triunfo do algodón sobre o liño. Pero non sucedeu o mesmo co curtido. Durante esta etapa, a principios do XVIII, a importación de coiros do Río de la Plata a través do porto da Coruña e unha pequena casa de banca (creada contra 1717) constituíron as principais actividades mercantís de Etcheverría e a súa familia. Este establecemento bancario constituíu o xerme do futuro Banco Etcheverría, o decano dos bancos galegos e españois,García López, A. (2003): La actividad bancaria en Galicia. Desde el catastro del marqués de La Ensenada a la ley Cambó. Valladolid: Lex Nova. ISBN 978-84-8406-521-0, pp. 123-125. banco que perdurou até a súa integración en Abanca o ano 2014.

Máis tarde Juan Etcheverry e a súa familia pasaron do comercio de peles á elaboración de curtidos, unha industria de forte tradición nas Mariñas dos Condes.Meijide Pardo, A. (1986): "Las primeras industrias del curtido en Betanzos", Untia, 2, pp. 27-43.Carmona e Fernández (2003), Op. cit. pp. 26-30. O negocio do patriarca continouno seu fillo Bernardo d'Etcheverry e, máis adiante, o seu neto Domingo Etcheverría Harriague, que castelanizou o seu apelido.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Banco Etcheverría

Categoría:Nados no departamento dos Pireneos Atlánticos Categoría:Nados en 1685 Categoría:Empresarios de Galicia