Antón I Pedro Arida (en , Antun Butrus Aridah), nado en Bxari‎ (Líbano) o 2 de agosto de 1863 e finado o 19 de maio de 1955, foi o 73º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 8 de xuño de 1932 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

Traxectoria Antón Arida naceu en Bxarri, no distrito homónimo, o 2 de agosto de 1863. Foi ordenado sacerdote o 28 de setembro de 1890, e exerceu de secretario do patriarca Xoán XII Pedro.

O 7 de xuño de 1908 foi nomeado bispo de Trípoli. Recibiu a consagración episcopal o 18 de xuño de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Elías Pedro.

O 8 de xaneiro de 1932 Arida foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 19 de maio de 1955. Notas

Categoría:Nados en 1863 Categoría:Nados na gobernación do Líbano Setentrional Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1955