San Pedro de Carmoega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 66 habitantes (37 homes e 29 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes.
Historia Foi unha antiga xurisdición monoparroquial na que exercía o señorío a obra pía do Santi Spiritus de Melide.
Patrimonio O Pazo da Pena, que data dos últimos anos do século XV, pero experimentou engadidos e reformas posteriores. Casa de Barral. Igrexa parroquial de San Pedro de Carmoega. Capela de Santo André. Capela de San Ramón. O sobreiral de Carmoega é un espazo protexido na Rede Natura
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Carmoega
Parroquias de Agolada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada
Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro