O Abdi İpekçi Arena é un pavillón multiúsos situado no distrito de Zeytinburnu de Istanbul, Turquía xusto nas aforas da antiga cidade de Yedikule de Constantinopla. Foi deseñado en 1979 e inaugurado en 1986.

A cancha ten unha capacidade de 12.270 espectadores e alberga eventos deportivos nacionais e internacionais como: baloncesto, voleibol, loita e halterofilia, ademais de concertos, congresos e moitas máis cousas.

O polideportivo acolle os partidos como local do Anadolu Efes S.K., do Galatasaray Liv Hospital, do Beşiktaş e do Galatasaray Odeabank; todos equipos de baloncesto.

Eventos importantes Final Four da Euroliga de 1992 Final da European Cup 1995 O FIBA EuroStars 1996 O Girl Power! Live in Istanbul no ano 1997 Un concerto Depeche Mode co seu Exciter Tour no 2001 Fase final do Eurobasket 2001 Festival de Eurovisión 2004 Un concerto de Phil Collins no 2005 Un concerto de Enrique Iglesias no 2007 Campionato de Europa de Piscina Curta de 2009 Campionato de Europa de Voleibol 2009 Mundial de Baloncesto 2010 Campionatos de Europa de Iudo 2011 WWE SmackDown! en novembro do ano 2011 Final Eight da Euroliga Feminina 2011-12 Mundial de Baloncesto Feminino 2014

Véxase tamén Outros artigos Anadolu Efes S.K. Galatasaray Liv Hospital Beşiktaş J.K.

Ligazóns externas Páxina web da Federación Turca de Baloncesto (en turco)

Categoría:Pavillóns de baloncesto de Turquía