Antón Pedro IX HasowneanO seu apelido tamén aparece como Hassoun, Hassun. (en , Anton Petros T’. Hasownean (ISO 9985)), nado o 13 de xuño de 1809 en Constantinopla (Imperio Otomán) e finado o 28 de febreiro de 1884, foi o 9º Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 14 de setembro de 1866 até xuño de 1881. Traxectoria Hasownean naceu o 13 de xuño de 1809 en Constantinopla. O 7 de xuño de 1842 foi nomeado arcebispo coadxutor de Constantinopla e arcebispo titular de Anazarbus. Recibiu a consagración episcopal de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe Giacomo Filippo Fransoni. O 2 de agosto de 1846 sucedeu como arcebispo de Constantinopla a Poghos Marowshean.

Logo do pasamento de Gregorio Pedro VIII era necesario elixir un novo catholicos. Reunidos os bispos armenios en Bsumar, contando coa presenza do patriarca latino Giuseppe Valerga, elixiron o 14 de setembro de 1866 patriarca de Cilicia a Hasownean, quen moveu a sé do patriarcado a Constantinopla, polo que o papa Pío XI coa bula Reversurus do 12 de xullo de 1867 asociou o título de Constantinopla á sé patriarcal armenia.

Durante o seu pontificado tivo que afrontar un cisma na súa Igrexa, cando se atopaba en Roma para a celebración do Concilio Vaticano Primeiro. Os motivos do cisma estaban nas latinizacións e por algunhas provisións da bula papal que foron levados a cabo polo patriarca. Os seus opositores elixiron a Hovhannes Kupelian como patriarca en 1872, e aproximadamente un terzo dos armenios católicos seguiron aos cismáticos. O cisma durou até 1879.

A solución ao cisma veu coa elección dun novo patriarca. O 13 de decembro de 1880 o papa León XIII creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi Vitale, Valeria, Gervasio e Protasio; pouco despois, en xuño de 1881, renunciou ao cargo de patriarca. Finou tres anos máis tarde, o 28 de febreiro de 1884.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1809 Categoría:Nados en Istanbul Anton Pedro 9 Categoría:Cardeais de Turquía Categoría:Cardeais creados por León XIII Categoría:Finados en 1884 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro