Xacobe Pedro II YovsepeanO seu apelido tamén aparece como Hovsepian. (en , Yakob Petros B. Yovsēp’ean (ISO 9985)), nado en Alepo c. 1689 e finado o 9 de xuño de 1753, foi o 2º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 14 de outubro de 1749 até o seu pasamento.

Traxectoria Xacobe IV fora un dos seguidores do patriarca Abraham Pedro I, e convenceu ao bispo de Angora Simón da unión coa Igrexa católica. Durante o período de exilio de Arçiwean no Líbano, foi o seu vigairo en Alepo, dirixindo a diocese no seu nome. En 1739 Arçiwean volveu á súa diocese, onde consagrou xunto a dous bispos melquitas tres novos bispos católicos armenios, entre eles o mesmo Yosevpean.

Logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 Abraham Arçiwean foi elixido catholicos de Cilicia; Xacobe sucedeuno como bispo de Alepo, e posteriormente foi elixido el mesmo catholicos de Cilicia. Trasladou a sé patriarcal á localización actual de Bsumar, no Líbano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1689 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Finados en 1753