miniatura|180px|A torre do estadio olímpico. O Estadio Olímpico de Helsinqui (en ; en sueco: Helsingfors Olympiastadion) é un estadio polideportivo situado en Töölö (Helsinqui), na capital de Finlandia. Ten unha capacidade duns 40.000 espectadores e é o estadio máis grande do país. No pasado, este estadio foi a sede central dos Xogos Olímpicos de 1952. Daquela acolleu os eventos de atletismo, de salto equestre e das finais do fútbol.
O estadio albergou os Campionatos do Mundo de Atletismo de 1983 e 2005. Tamén acolleu os Campionatos de Europa de Atletismo de 1971, 1994 e 2012.
O estadio fai de anfitrión nos partidos que xoga como local a selección de fútbol de Finlandia.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do estadio
Categoría:Arquitectura en Helsinqui