A dos Aquiropsétidos (Achiropsettidae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue unhas poucas especies distribuídas por augas antárticas e subantárticas.
Etimoloxía O nome científico Achiropsettidae está formado pola raíz do termo grego antigo άχειρος ácheiros,A adaptación en latín é [achiros]. "sen mans" (de α- a- elemento privativo, e χείρ cheír,A adaptaciíon en latín é [chir]. "man"), o elemento -psett-, do nome científio Psetta ("rodaballo"), e a desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os rodaballos mancos", aludindo á brevidade ou ausencia das aletas pectoriais destes peixes.
Características As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas destes peixes son:Froese, Rainer and Daniel Pauly eds. (2012): Achiropsettidae en FishBase. Corpo moi deprimido. Boca terminal, con ambas as mandíbulas prominentes. Son peixes planos sinistros, é dicir, ambos os ollos están situados no lado esquerdo da cabeza. A aleta caudal está separada das [àleta|aletas dorsal e anal. As aletas pectorais son rudimentarias ou están ausentes. Ningunha das aletas ten raios espiñosois. A liña lateral é recta está ben desenvolvida. O tamaño dos peixes desta familia varía considerabelmente, desde o 11 cm de Pseudomancopsetta andriashevi até os 57 cm de Neoachiropsetta milfordi. Pouco se sabe dos hábitos das especies desta familia.
Hábitat e distribución xeográfica As especies desta familia son bentónicas, e distribúense por augas antárticas e subantárticas.Nelson, Joseph S. (2006).
Clasificación Segundo o WoRMS e a FishBase a familia comprende tan só catro xéneros monoespecífiocos:Achiropsettidae Heemstra, 1990 no WoRMS.
Familia Achiropsettidae
Xénero Achiropsetta (Norman, 1930) Achiropsetta tricholepis (Norman, 1930) Xénero Mancopsetta (Gill, 1881) Mancopsetta maculata (Günther, 1880) Mancopsetta maculata antarctica (Kotlyar, 1978) - Rapapelos manco o Antártico.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79. Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880) xénero Neoachiropsetta (Kotlyar, 1978) Neoachiropsetta milfordi (Penrith, 1965) Xénero Pseudomancopsetta (Evseenko, 1984) Pseudomancopsetta andriashevi (Evseenko, 1984)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7. van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.
Outros artigos Teleósteos Pleuronectiformes
Ligazóns externas Achiropsettidae no SIIT. Achiropsettidae no ADW. Achiropsettidae na EOL.
Categoría:Pleuronectiformes